Visucius foi un deus celta, comunmente identificado con Mercurio. Foi adorado principalmente no leste da Galia, en Tréveris e no Rin, e o seu nome coñécese grazas a dez inscricións dedicatorias. Unha desas inscricións foi atopada en Bordeos. Visucius é xunto con Gebrinius e Cissonius, os epítetos máis comúns do Mercurio galo.[1]

Mapa da distribución das inscricións dedicadas a Mercurio Visucius.

O nome ten sido interpretado co significado "dos corvos"[2] ou "erudito";[3] da raíz protocelta *weiko- 'corvo' e *witsu- 'coñecemento'.[4]

Notas editar

  1. Nicole Jufer & Thierry Luginbühl (2001). Les dieux gaulois : répertoire des noms de divinités celtiques connus par l'épigraphie, les textes antiques et la toponymie. París: Editions Errance. ISBN 2-87772-200-7.
  2. Mary Jones. "Uisucius" Arquivado 05 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. Jones' Celtic Encyclopedia, 2004.
  3. MERCURIUS - L'inventore di tutte le arte from Bifröst (in the original, Sapiente).
  4. Proto-Celtic—English lexicon Arquivado 14 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine. and English—Proto-Celtic lexicon Arquivado 14 de maio de 2011 en Wayback Machine.. Universidade de Gales Centre for Advanced Welsh and Celtic Studies. (See also this page Arquivado 10 de marzo de 2007 en Wayback Machine. for background and disclaimers.)