Vincenzo Cerulli

astrónomo italiano

Vincenzo Cerulli, nado en Teramo o 20 de abril de 1859 e finado en Merate o 30 de maio de 1927, foi un astrónomo e matemático italiano propietario dun observatorio privado en Teramo, a cidade onde naceu.

Infotaula de personaVincenzo Cerulli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de abril de 1859 Editar o valor em Wikidata
Téramo Editar o valor em Wikidata
Morte30 de maio de 1927 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Merate Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia (1861–1927) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Roma La Sapienza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónomo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorObservatorio de Collurania-Teramo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsEmidio Cerulli (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cerulli completou os seus estudos no Liceo Ginnasio de Teramo. Posteriormente matriculouse na Universidade de Roma, graduándose en física no ano 1881. Logo viaxou a Alemaña por un período de tempo para especializarse.

Cerulli foi un dos compiladores dun catálogo de estrelas xunto Elías Millosevich. Foi autor de numerosas observacións realizadas ao planeta Marte, así como un dos primeiros seguidores da teoría de que as famosas canles de Marte, observados por Giovanni Schiaparelli, non eran reais senón meras ilusións ópticas. O 2 de outubro de 1910 descubriu o enorme asteroide 704 Interamnia, de 350 km de diámetro.

Cerulli faleceu o 30 de maio de 1927 na pequena localidade de Merate (Lombardía). Anos máis tarde, en 1973, a Unión Astronómica Internacional acordou poñer o seu apelido a un cráter do planeta marciano, chamado Cerulli.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • AURINI, RAFFAELE (2002). Dizionario bibliografico della gente d'Abruzzo. Andromeda Editrice (italiano). ISBN 88-86728-96-4.