Vilar de Costoia, Porzomillos, Oza-Cesuras
lugar da parroquia de Porzomillos, no concello de Oza-Cesuras
Vilar de Costoia é un lugar da parroquia de Porzomillos no concello coruñés de Oza-Cesuras na comarca de Betanzos. Tiña 166 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales eran 85 homes e 81 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 142 habitantes.
Vilar de Costoia | |
---|---|
Parroquia | Porzomillos |
Concello | Oza-Cesuras |
Coordenadas | 43°14′23″N 8°11′58″O / 43.239857210288, -8.1993846663919 |
Poboación | 171 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo Vilar de Costoia ten dous elementos. Vilar en orixe nomeaba unha explotación agrícola nos límites dunha vila, ou en terreos que foran ermos ou ganados ao monte,[1] mentres que Costoia (derivado do latín Custōdia) se refire a un lugar elevado ou atalaia desde onde vixiar o territorio.[2]
Notas
editar- ↑ Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 91. ISBN 978-84-17807-36-8.
- ↑ López Boullón, Xosé Ramón (2019). Toponimia de Ames. A Coruña: Real Academia Galega. p. 45. ISBN 978-84-947823-7-4.
Lugares e parroquias
editarLugares da parroquia de Oza
editarLugares da parroquia de Porzomillos no concello de Oza-Cesuras (A Coruña) | |
---|---|
O Aguieiro | Ansoi | A Areosa | A Baiuca de Pulleiro | A Barcia | A Ermida | O Ermo | O Marco | Mondoi | Porzomillos | Vilar de Costoia |