Videodrome

filme de 1983 dirixido por David Cronenberg

Videodrome é un filme de ciencia ficción canadense de 1983, escrito e dirixido por David Cronenberg e protagonizado por James Woods, Sonja Smits e Deborah Harry.

Videodrome
Videodrome Schriftzug.png
Ficha técnica
DirectorDavid Cronenberg
ProdutorClaude Héroux
Pierre David
Victor Solnicki
GuiónDavid Cronenberg
MúsicaHoward Shore
FotografíaMark Irwin
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea1983
Duración89 minutos
OrixeFlag of Canada.svg Canadá
XéneroCiencia ficción
Orzamento5,9 millóns de USD
Na rede
IMDB: tt0086541 Filmaffinity: 741689 Allocine: 6055 Rottentomatoes: m/videodrome Mojo: videodrome Allmovie: v52699 TCM: 94784 Metacritic: movie/videodrome TV.com: movies/videodrome Netlix: 1093793Editar o valor em Wikidata

ArgumentoEditar

Max Renn (James Woods) é dono dunha pequena cadea de televisión por cable de Toronto. Nunha ocasión, chéganlle imaxes nas que a xente parece ser torturada e asasinada. Nun comezo, o sinal semella provir de Malaisia, mais logo descubre que a súa orixe está en Pittsburgh, Pensilvania.

Máis tarde, Max descobre que esta transmisión, chamada Videodrome, é en realidade moito máis ca un programa de televisión morboso: é unha especie de experimento que utiliza transmisións regulares de televisión para alterar permanentemente a percepción dos seus espectadores, causándolles danos no cerebro e alucinacións.

Despois de quedar exposto a estes sinais, Max comeza a experimentar efectos estraños e alucinacións.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar