Vitorino

(Redirección desde «Victorino»)

Marcus Piavonnius Victorinus foi emperador do Imperio Galo entre os anos 268 ao 271. Fixo toda a súa carreira militar baixo o mandato de Póstumo, do cal chegou a ser tribunus preaetorianun.

Vitorino
Nacementoséculo III
Lugar de nacementoGalia
Falecemento271
Lugar de falecementoColonia Claudia Ara Agrippinensium
NacionalidadeRoma Antiga e Império das Gálias
Ocupaciónpolítico
NaiVitória
FillosVictorinus Junior
editar datos en Wikidata ]

Morto Póstumo, o nomeado foi Mario, pero foi asasinado os poucos días da súa elección, e as tropas elixiron entón a Victorino en Augusta Treverorun(Tréveris), a capital de Póstumo.

Logra ser recoñecido na Galia e na Britania, pero non así en Hispania, que pasa de novo as mans de Roma. Claudio II o Gótico, emperador en Roma trata de tomar o control da Galia, pero Victorino defende o seu territorio rexeitando todos os intentos de anexión. Traslada a súa capital a Colonia, cidade onde foi asasinado por Atiliano, mais por cousas persoais que por unha loita polo poder, xa que o acusaba de ter seducido a súa dona.

A súa nai Victorina aínda conservaba certa influencia, e consegue mediante subornos que deifiquen o seu fillo e que Tetrico I sexa elixido como novo emperador galo.