Verde de metilo

composto químico

O verde de metilo (CI 42585) é unha tinguidura catiónica (cargada positivamente) relacionada co verde de etilo, que foi utilizada para tinguir o ADN desde o século XIX.[1] Era utilizado para tinguir os núcleos das células como parte da tinguidura Unna-Pappenheim clásica ou como contratinguidura nuclear desde entón.

Verde de metilo
Identificadores
Número CAS 82-94-0, (sal de cloruro de zinc) 36148-59-1 (sal de cloruro de zinc)
PubChem 6727
UNII P7U4T9BXA
Propiedades
Fórmula molecular C27H35Cl2N3
Masa molecular 458,47
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

En anos recentes, as súas propiedades fluorescentes[2] cando se une ao ADN fixérono útil para obter imaxes de luz vermella distante de núcleos de células vivas.[3] A tinguidura fluorescente do ADN utilízase de rutina para facer a prognose do cancro.[4] O verde de metilo estase convertendo tamén nunha alternativa para a tinguidura do ADN en xeles de agarosa, ensaios fluorométricos e citometría de fluxo.[3][5] Tamén se viu que se pode utilizar como unha tinguidura de exclusión de viabilidade de células. A súa interacción co ADN é non intercalante, é dicir, non se insire dentro da molécula de ADN, senón que interacciona electrostaticamente na superficie do suco maior do ADN.[6] Utilízase en combinación coa pironina na tinguidura verde de metilo-pironina, que tingue e diferencia o ADN do ARN.

Cando se excita a 244 ou 388 nm en solución acuosa neutra, o verde de metilo produce unha emisión fluorescente a 488 ou 633 nm, respectivamente. A presenza ou ausencia de ADN non ten efecto sobre estes comportamentos fluorescentes. Cando se une ao ADN en condicións acuosas neutras, o verde de metilo faise tamén fluorescente no vermello distante cun máximo de excitación de 633 nm e un máximo de emisión de 677 nm.[3]

As preparacións comerciais de verde de metilo están a miúdo contaminadas con cristal violeta, o cal pode ser eliminado por extracción con cloroformo.[3]

  1. Carnoy JB (1884). La biologie cellulaire, étude comparée de la cellule dans les deux règnes / par le chanoine J.B. Carnoy... Bibliothèque nationale de France, département Sciences et techniques, 8-S-6259: J. Van In. p. 148. Consultado o 3 November 2017. 
  2. "fluorophores.org". www.fluorophores.tugraz.at. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2020. Consultado o 8 August 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Prieto D, Aparicio G, Morande PE, Zolessi FR (September 2014). "A fast, low cost, and highly efficient fluorescent DNA labeling method using methyl green". Histochemistry and Cell Biology 142 (3): 335–45. PMID 24671497. doi:10.1007/s00418-014-1215-0. 
  4. Klonisch T, Wark L, Hombach-Klonisch S, Mai S (September 2010). "Nuclear imaging in three dimensions: a unique tool in cancer research". Annals of Anatomy = Anatomischer Anzeiger 192 (5): 292–301. PMID 20800459. doi:10.1016/j.aanat.2010.07.007. 
  5. Prieto D, Aparicio G, Machado M, Zolessi FR (May 2015). "Application of the DNA-specific stain methyl green in the fluorescent labeling of embryos". Journal of Visualized Experiments (99): e52769. PMC 4542129. PMID 25993383. doi:10.3791/52769. 
  6. Kim SK, Nordén B (January 1993). "Methyl green. A DNA major-groove binding drug". FEBS Letters 315 (1): 61–4. PMID 8416812. doi:10.1016/0014-5793(93)81133-K. 

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.