Verónica Salgueiriño

investigadora en nanotecnoloxía


Verónica Salgueiriño Maceira, nada no Porriño en 1975, é unha investigadora e profesora da Universidade de Vigo. En 2008 foi galardoada cunha bolsa de investigación do programa L'Oreal-Unesco “Por las Mujeres en la Ciencia”.[1][2]

Infotaula de personaVerónica Salgueiriño
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
O Porriño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo - Doutoramento (–2003)
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo (2009–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3039600

Traxectoria editar

Verónica Salgueiriño licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela en 1999 e realizou o doutoramento na Universidade de Vigo.[3] Despois de realizar estancias posdoutorais na Universität Duisburg-Essen (Alemaña) e na Arizona State University (EEUU), incorporouse ao Grupo Nanomag da Universidade de Santiago de Compostela. En marzo de 2009 incorporouse á Universidade de Vigo como bolseira Ramón y Cajal. Dende maio de 2017 é profesora do departamento de Física Aplicada, onde lidera o Grupo de Materiais Magnéticos.[4][5]

A súa investigación céntrase na síntese de nanomateriais, estudo das propiedades magnéticas de nanopartículas e nanocristais e o desenvolvemento de nanoestruturas magnéticas para o seu uso en hipertermia e administración controlada de fármacos.[6]

Ademais do seu labor docente e investigador desenvolve unha importante actividade divulgadora, promovendo as vocacións científicas femininas.[7][8]

Recoñecementos editar

En 2014 foi galardoada cunha bolsa de investigación do programa L'Oreal-Unesco “Por las Mujeres en la Ciencia”.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Mujeres de ciencia". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-11-14. Consultado o 2020-08-26. 
  2. Mujeresycia (2008-11-20). "Por las mujeres científicas". Mujeres&Cia (en castelán). Consultado o 2020-08-26. 
  3. Gallego, Grupo El Correo. ""Vense máis mulleres, pero a ciencia segue sendo un mundo de homes"". www.galiciahoxe.com. Consultado o 2020-08-26. [Ligazón morta]
  4. "Group Leader". magneticmaterials.webs.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2020. Consultado o 2020-08-26. 
  5. Redacción (2016-01-08). "A Academia de Ciencias premia dúas investigacións sobre nanopartículas". GCiencia. Consultado o 2020-08-26. 
  6. "Materiais Magneticos – Cinbio". Consultado o 2020-08-26. 
  7. Guijarro, Soledad Torres; Maceira, Verónica Salgueiriño (2017). "Elas Fan CienTec: promoviendo vocaciones femeninas científicas y tecnológicas en la Universidade de Vigo". Transformando dende a universidade: V Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX, 2017, ISBN 978-84-8158-766-1, págs. 177-186 (Universidade de Vigo): 177–186. ISBN 978-84-8158-766-1. 
  8. "Ejemplo de mujer científica para los investigadores del futuro". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-02-12. Consultado o 2020-08-26. 


Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar