En micoloxía, o veo universal é unha estrutura que envolve todas ou a meirande parte das lamelas do fungo. Por exemplo, no caso do agárico Agaricus bisporus, cando o fungo aínda está inmaturo, momento no que podería parecer un fungato, está protexido por esta estrutura con forma de ovo. O veo finalmente crebará e espallará polo fungo crecente, mais xeralmente deixa evidencias da súa forma con algúns restos como a volva, unha estrutura con forma de cunca na base do estipe, así como restos sobre o chapeu ou píleo. Esta característica é moi importante dende o punto de vista da identificación de cogomelos bravos, por mor a que é doada de ollar. Dende o punto de vista taxonómico tamén é relevante, xa que case sempre que aparece, significa que o fungo pertence á familia das Amanitaceae. Isto ten especial importancia por mor do elevado número de especies velenosas que pertencen a esta familia.

Nesta imaxe pódense apreciar dous exemplares de carallán (Phallus impudicus) que aínda están no interior dos seus veos universais. A volva na base do cogomelo máis alto é o que fica do seu antigo veo universal.
As pintas brancas que se ollan sobre o chapeu destes espécimes de rebentabois (Amanita muscaria) son restos do veo universal.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Outros artigos

editar