Fungato
Fungato | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
''L. perlatum'' |
O Lycoperdon perlatum é un cogomelo coñecido como fungato e tamén chamado fungón,[1] fungo de sapo, bufo de vella.[2] É un tipo de cogomelo dos chamados peidos de lobo, fungos da familia das licoperdáceas de corpo frucífero globoso, abrancazados por fóra ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestíbel) que ao madurar se transforma nun po pardo formado polas esporas[2]
CaracterísticasEditar
DescriciónEditar
O fungo é branco e a medida que alcanza a madurez vaise tornando marrón. Posúe uns grans pequenos a modo de verrugas en toda a parte superior que se desprenden facilmente.
HábitatEditar
Pode ser atopado nos bosques de coníferas e de árbores de folla caduca, no verán, outono e primavera, especialmente xunto a excrementos de cervo.
DiferenciaciónEditar
Pode confundirse co Lycoperdon echinatum, mais este é máis escuro, cun tinge avermellado ou co Lycoperdon mammiforme que é máis voluminoso e de cor crema.
UsosEditar
ComestibilidadeEditar
É un fungo comestible pero só cando é novo e de cor branca.
MedicinalEditar
Emprégase na medicina popular coma hemostático de uso externo. A masa esporífera aplícase directamente sobre das feridas, exercendo unha acción hemostática, antibiótica e cicatrizante[3].
Galería de ImaxesEditar
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cogomelos.
- ↑ 2,0 2,1 Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ Guía de Planta Medicinais de Galicia, Rigueiro, Romero, Silva-Pando e Bermejo, Galaxia,1996