Xestación por substitución

proceso polo que unha muller xesta e dá a luz un fillo proveniente da implantación no seu útero dun óvulo doutra muller fecundado in vitro.
(Redirección desde «Ventre de alugueiro»)

A xestación por substitución,[1] ou, máis popularmente, ventre de alugueiro é o proceso polo que unha muller xesta e dá a luz un fillo proveniente da implantación no seu útero dun óvulo doutra muller fecundado in vitro.

A xestación por substitución comeza cunha inseminación artificial.

Habitualmente a muller que quere ser nai e non pode selo por problemas de infertilidade ten a posibilidade de someterse a un tratamento de fecundación artificial. Estes tratamentos de procreación medicamente asistida non só asisten a matrimonios, senón tamén a mulleres solteiras e parellas heterosexuais e homosexuais.

Regulación legal da xestación por substitución no mundo:      Legal as formas retribuída e altruísta      Sen regulación legal pero vénse realizando      Legal só de forma altruísta      Permitida entre familiares ata o segundo grao de consanguinidade      Prohibida      Non regulada/situación incerta

En varios países existe unha regulación xurídica detallada dos procesos de xestación por substitución. Na actualidade (2010) en España a lei vixente nesta materia é a 14/2006, de 26 de maio, sobre técnicas de reprodución humana asistida, que non permite a xestación por substitución e están investigadas as axencias que operan.[2]

Oposición á xestación por substitución editar

Os detractores da xestación por substitución din que esta práctica lexitima a cousificación da muller e a mercantilización do seu corpo propia dun sistema capitalista neoliberal. Defenden que o suposto altruísmo reforza a enraizada definición das mulleres, característica das relixións, como «seres para outros» cuxa única función é o «servizo» aos demais. Ademais, declaran que a súa legalización é directamente proporcional ao tráfico reprodutivo que afecta as mulleres obreiras, que debido á súa situación económica desfavorecida vense obrigadas a suplir a demanda.[3]

Nos contratos a xestante perde todo dereito de decidir en materia de dereitos sexuais e reprodutivos, de xeito que non posúe capacidade de elección. No caso de infrinxir ou alterar as condicións do contrato contémplase a aplicación de medidas punitivas sobre a embarazada.[4]

O XXIX Congreso Estatal de Mulleres Avogadas pediu en 2018 a súa prohibición universal.[5]

Notas editar

  1. "Xestación por substitución". Portal das Palabras. Consultado o 1 de abril de 2017. 
  2. "Dolores Delgado: "Los contratos de vientres de alquiler que se están suscribiendo tienen condiciones inhumanas para las mujeres"". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-08-13. 
  3. CTXT (23 de xuño de 2015). ""No somos vasijas". Manifiesto contra las madres de alquiler". Consultado o 1 de abril de 2017. 
  4. "Manifiesto: Las mujeres no se pueden alquilar o comprar de manera total o parcial". No somos vasijas. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2017. Consultado o 12 de abril de 2017. 
  5. Galicia Confidencial (ed.). "O Congreso Estatal de Mulleres Avogadas pide a prohibición universal da maternidade subrogada". Consultado o 16 de abril de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar