Venres 13, segunda parte
Venres 13, segunda parte (en inglés: Friday the 13th Part 2) é un filme estadounidense de 1981 producido e dirixido por Steve Miner. É a sucuela do filme de 1980 Friday the 13th, e o segundo título da franquía cinematográfica. Adrienne King, Betsy Palmer e Walt Gorney retoman os seus papeis do filme orixinal. Amy Steel e John Furey son os protagonistas. A historia ten lugar cinco anos despois dos eventos do primeiro filme, cun acosador descoñecido matando un grupo de conselleiros de campamento preto de Crystal Lake. O filme marca o debut do personaxe de Jason Voorhees como o principal antagonista da serie.
Venres 13, segunda parte | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Friday the 13th Part 2 |
Director | Steve Miner |
Produtor | Steve Miner |
Guión |
|
Baseado en | Personaxes de Victor Miller[1] |
Intérpretes | |
Música | Harry Manfredini |
Fotografía | Peter Stein |
Montaxe | Susan E. Cunningham |
Estudio | Georgetown Productions |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 1 de maio de 1981 29 de abril de 1991 (TVG) |
Duración | 87 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | 1,25 millóns de dólares[2] |
Recadación | 21,7 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
http://fridaythe13thfilms.com/films/friday2.html | |
Orixinalmente, Venres 13, segunda parte ía ser un filme antolóxico baseado na superstición do "venres 13". Porén, logo da popularidade do final sorpresa do filme orixinal, os cineastas optaron por continuar a historia e a mitoloxía que rodeaban Camp Crystal Lake, unha tendencia que se repetiría en todas os filmes da franquía.
Estreouse en galego o 29 de abril de 1991 a través da TVG.[4]
Personaxes
editar- Amy Steel como Ginny Field
- John Furey como Paul Holt
- Adrienne King como Alice Hardy
- Steve Daskewisz como Jason Voorhees
- Warrington Gillette como Jason Voorhees (sen máscara)
- Stu Charno como Ted Bowen
- Lauren-Marie Taylor como Vickie Perry
- Marta Kober como Sandra Dier
- Tom McBride como Mark Jarvis
- Bill Randolph como Jeff Dunsberry
- Kirsten Baker como Terry McCarthy
- Russell Todd como Scott Cheney
- Walt Gorney como Crazy Ralph
- Betsy Palmer como Pamela Voorhees
- Jack Marks como Deputy Winslow
- Cliff Cudney como Max
Notas
editar- ↑ "Friday the 13th Part 2". American Film Institute. Consultado o 6 de xuño de 2020.
- ↑ Bracke 2006, pp. 314–15.
- ↑ "Friday the 13th Part 2 (1981)". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015.
- ↑ La Voz de Galicia, 29 de abril de 1991. Páx. 78
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Albright, Brian (2012). Regional Horror Films, 1958-1990. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company. ISBN 978-0-786-47227-7.
- Bracke, Peter (2006). Crystal Lake Memories. Reino Unido: Titan Books. ISBN 1-84576-343-2.
- Kendrick, James (2009). Hollywood Bloodshed: Violence in 1980s American Cinema. Carbondale, Illinois: Southern Illinois University Press. ISBN 978-0-809-32888-8.
Ligazóns externas
editar- Venres 13, segunda parte na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)