Vegaøyan ou Arquipélago Vega é un grupo de illas no Mar de Noruega correspondentes aproximadamente ao concello de Vega. Desde 2004, é Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Este cúmulo de ao redor de 6.500 pequenas illas no condado de Nordland, xusto ao sur do círculo polar ártico, rodea a principal illa Vega e está habitada desde a Idade de Pedra. Outras illas do grupo inclúen Igerøya, Ylvingen e Søla.

Vegaøyan - Arquipélago de Vega
Arquipélago Vega
Vegaøyan en Noruega
Vegaøyan
Vegaøyan
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísNoruega Noruega
LocalizaciónNordland, Noruega
TipoCultural
CriteriosV
Inscrición2004 (28ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1143bis

Descrición editar

 
Praia de Eidem en Vega

As illas testemuñan un estilo de vida frugal distintivo baseado na pesca e a colleita do penuxe do pato eider nun ambiente inhóspito. Hai vilas mariñeiras, peiraos, casas de eider (construídas para que aniñen os patos eider), terras de cultivo e faros. Hai evidencias de asentamento humano a partir da Idade de Pedra en diante. No século IX, as illas convertéronse nun importante centro para o abastecemento de penuxe, que parece ter representado ao redor dun terzo dos ingresos das illas.

O arquipélago de Vega reflicte o xeito no que as xeracións de pescadores/labregos mantiveron, durante os últimos 1500 anos, unha vida sostible nunha paisaxe mariña inhóspita preto do círculo polar ártico, baseada na práctica agora única de coller penuxe de eider e tamén celebra a contribución feita polas mulleres a producir edredóns.[1]

O acceso ao arquipélago faise en transbordador ou barco rápido desde a cidade de Brønnøysund no municipio de Brønnøy, á que se pode acceder por avión ou por estrada.

Área importante de aves editar

O arquipélago identificouse como Área importante de aves por BirdLife International porque soporta poboacións de ganso bravo e ganso sangano, eider común, movella grande, corvo mariño grande, corvo mariño cristado, pigargos, Pilro escuro e arao de á branca.[2]

Notas editar

Referencias
  1. "Vegaøyan -- The Vega Archipelago". UNESCO. Consultado o 2011-11-10. 
  2. "Vega archipelago". Important Bird Areas factsheet. BirdLife International. 2013. Consultado o 2013-08-22. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar