Veciños Independentes de Alfoz

Veciños Independentes de Alfoz é unha agrupación de electores creada no concello de Alfoz (provincia de Lugo) por veciños e veciñas sen afiliación política coa intención de concorrer ás eleccións municipais do 24 de maio de 2015[1].

Historia editar

O 2 de abril de 2015, reuníronse un grupo de veciños e veciñas de Alfoz de mutuo acordo, para se constituír como promotores dunha agrupación de electores baixo a denominación de Veciños Independentes de Alfoz, de acordo co que indica o artigo 169.3 da LO 5/1985, de 19 de xuño, de Réxime Electoral Xeral. O principio reitor desta agrupación, é o de promover unha candidatura para poder presentarse ás eleccións municipais no concello de Alfoz. Así mesmo, os promotores designaron a administradores e representantes diante da administración electoral. O venres día 10 de abril propúxose entre os membros promotores da agrupación unha lista de candidatos para concorrer ás eleccións. Debido a que as agrupacións de electores necesitan un número de sinaturas que avalen a candidatura proposta, simpatizantes de Veciños Independentes de Alfoz procederon a avalar ante notario esta alternativa para poder presentarse, e finalmente o 15 de abril presentouse a documentación diante da Xunta Electoral de Zona.

O 24 de maio de 2015 Veciños Independentes de Alfoz conseguiu 283 votos (20,48 % do electorado), obtendo dúas actas na corporación municipal[2].

Notas editar