Vanidad Masculina

Vanidad Masculina, disco do grupo rock asturiano Fuera de Serie, foi gravado no ano 1984 en Xixón nos Estudios Norte (fundados ese mesmo ano antes por René de Coupeaud Villarrubia e Pedro Bastarrica[1]) e mesturado en DoubleWTronics. Foi o seu primeiro traballo discográfico. A carpeta foi deseñada por Nacho Rivera e P. Currás.

Vanidad Masculina
Álbum de Fuera de Serie
Publicado1984
Estudio(s)Estudios Norte (Xixón)
Xénero(s)Post-punk
Selo(s)Sociedad Fonográfica Asturiana
Producido porJesús Gómez
Cronoloxía
Vanidad Masculina Fuera de Serie (1985)

Neste álbum participaron Luís Núñez (guitarra e voz), Víctor Ruíz (baixo), Amancio Sierra (batería), Mento Hevia (sintetizadores) e René de Coupeaud (piano).

Cancións:

  1. "Aspecto familiar"
  2. "Movimientos arrítmicos"
  3. "Servicio doméstico"
  4. "Vanidad masculina"
  5. "Emocional"
  6. "En el hospicio"

Notas editar

  1. «Archivo de la etiqueta: Fuera de Serie», no blog Universidad Popular Gijón/Xixón (en castelán).

Ligazóns externas editar