Fuera de Serie (álbum)

Fuera de Serie, disco do grupo rock asturiano Fuera de Serie, foi gravado no ano 1985 en Xixón nos Estudios Norte (fundados apenas un ano antes por René de Coupeaud Villarrubia e Pedro Bastarrica[1]). Foi o seu segundo traballo discográfico e contén unha versión do tema Birdmad girl, da banda británica The Cure, que eles titularon Chica de cabeza loca. A carpeta foi deseñada por Juan Mieres, cun deseño minimalista de cor azul que contén unha pequena banda verde e negra, e na base da portada en pequenas letras o nome do conxunto e do disco repitíndose unha e outra vez.

Fuera de Serie
Álbum de Fuera de Serie
Publicado1985
Estudio(s)Estudios Norte (Xixón)
Xénero(s)Post-punk
Selo(s)Sociedad Fonográfica Asturiana
Producido porErn Zinabrik e Fuera de Serie
Cronoloxía
Vanidad Masculina (1984) Fuera de Serie Haciendo Fortuna (1989)

Neste álbum participaron Luís Núñez (guitarra e voz), Víctor Ruiz (baixo), Amancio Sierra (batería), Mento Hevia (sintetizadores) e Óscar Astruga (percusión).

Todos os temas foron compostos por Luís Núñez, excepto o antedito de Chica de cabeza loca (unha adaptación ao castelán do propio Luís Núñez), Mexico e Mujeres en apuros (compostas por Núñez, Ruiz e Hevia).

Cancións:

  1. "Mexico"
  2. "Nunca tengo a quien dirigirme"
  3. "Aquí está uno que se fue y volvió"
  4. "Chica de cabeza loca"
  5. "Irresponsable"
  6. "La apuesta"
  7. "You need me now"
  8. "Mujeres en apuros"
  9. "Dando motivos"
  10. "Una parte de nuestras vidas"

Notas editar

  1. «Archivo de la etiqueta: Fuera de Serie», no blog Universidad Popular Gijón/Xixón (en castelán).

Ligazóns externas editar