Vanessa cardui

especie de insecto

Vanessa cardui

Adulto

Eiruga.
Eiruga.

Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Subfamilia: Nymphalinae
Tribo: Nymphalini
Xénero: Vanessa
Subxénero: 'Cynthia'
Especie: V. (C.) cardui
Nome binomial
Vanessa (Cynthia) cardui
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

Papilio cardui Linnaeus, 1758

A Vanessa cardui é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae. É unha das bolboretas de maior distribución xeográfica, atopándose en todos os continentes menos na Antártida. Pode vivir en calquera zona tépeda, incluíndo as montañas nos trópicos. É unha especie migratoria, residente permanente en áreas cálidas que chega a outras rexións parte do ano.

Migración de Vanessa cardui entre África do norte e Europa.

Outras especies próximas son Vanessa kershawi (ás veces considerada como unha subespecie), Vanessa virginiensis e Vanessa annabella.

Descrición editar

A Vanessa cardui é unha bolboreta grande (de 5 a 9 cm) caracterizada polas súas esquinas brancas e negras nas ás principalmente laranxas con puntos negros. Os ovos tardan dúas semanas en eclosionar, unha vez eclosionados, a eiruga bota de sete a once días en converterse nunha crisálide e bota de crisálide outros sete a once días para converterse en imago ou adulto.

Migración editar

A Vanessa cardui non queda nun área específica moito tempo, pode chegar a percorrer 1.600 km durante toda a súa vida. Ten unha migración de 14.000 km desde Gran Bretaña e Suecia até África occidental que require até seis xeracións.[1] Voan a grandes alturas, por iso os seus movementos non foron ben observados até épocas recentes.[2]

Ciclo de vida editar

Depositan os seus ovos onde atopan néctar abundante. Non parecen recoñecer as plantas hospedeiras, como moitas outras especies. Isto pode causar alta mortalidade dos ovos que non sexan depositados nas plantas hospedeiras.[3] Producen unha gran cantidade de ovos; hai maior dependencia nunha proxenie numerosa que en supervivencia.[4]

Plantas nutricias editar

As eirugas aliméntanse dunha variedade de plantas da familia das asteráceas, especialmente de Carduus crispus. Tamén se alimentan das boraginaceae, malvaceae (especialmente Alcea e Malva neglecta). Os adultos liban néctar dunha gran variedade de flores silvestres e flores cultivadas. As máis comúns son o cardo (do cal deriva o seu nome), Buddleja, Aster, Bidens e Zinnia

Notas editar

  1. Arnhold, Tilo (23 de outubro de 2012). "Falter mit Migrationshintergrund" (en alemán). Consultado o 27 de xuño de 2016. 
  2. "Butterfly Conservation: Secrets of Painted Lady migration unveiled". BirdGuides Ltd. Consultado o 22 de outubro de 2012. 
  3. Scott, J. A. 1986. The butterflies of North America. Stanford University Press.
  4. Janz, Niklas. "The Relationship Between Habitat Selection And Preference For Adult And Larval Food Resources In The Polyphagous Butterfly Vanessa cardui (Lepidoptera: Nymphalidae)". Journal of Insect Behavior 18.6 (2005): 767-780. Print.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • «Vanessa cardui (TSN 188601)». Sistema Integrado de Información Taxonómica (en inglés). 
  • Opler, P.A. e A.B. Wright. 1999Guía de Peterson das bolboretas occidentais. Houghton Mifflin Co. Boston. 544 pp. ISBN 0-395-79152-9

Ligazóns externas editar