Abrir o menú principal

Val de Núria

(Redirixido desde "Vall de Núria")

Localización e característicasEditar

Situado nunha altitude de 2.000 metros sobre o nivel do mar, este val é accesible mediante o Cremalleira de Núria ou a pé, seguindo algún dos camiños de montaña que chegan ata Núria. Aquí redactóuse no ano 1931 o estatuto de autonomía coñecido como o "Estatuto de Núria".

Hai no val unha estación de esquí, chamada Vall de Núria.

A Virxe de NúriaEditar

Segundo a tradición, San Xil chegou ao val no ano 700 e residíu durante catro anos. Sempre segundo a lenda, San Xil esculpíu unha imaxe da Virxe que escondeu dentro dunha cova ao fuxir do val cando os romanos iniciaron unha persecución contra os cristiáns.

O certo é que a imaxe da Virxe de Núria que hoxe venérase é unha talla datada do século XII ou XIII. Trátase dunha talla de madeira de estilo románico.

Con trazos de carácter primitivo, a talla conserva aínda a súa policromía en perfecto estado de conservación. Os pastores consideraban esta Virxe a patroa da fertilidade. A coroación canónica de Virxe de Núria tivo lugar no ano 1965. A súa festividade celébrase o 8 de setembro.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar