Valeriano Yepes Hernández de Madrid
Valeriano Yepes Hernández de Madrid, nado en Novés (Provincia de Toledo) o 14 de abril de 1925, é enxeñeiro agrónomo.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de abril de 1925 (99 anos) Novés, España (pt) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro agrónomo |
Traxectoria
editarEstudou Enxeñería Agrónoma en Madrid e posteriormente doutorouse en 1966.[1]
Trasladouse a Galicia en 1951 onde traballou no seu campo. Iniciou campañas para amosar o uso de praderías artificiais, a construción de silos e o ensilado da herba en 1966. Destas campañas naceron as melloras realizadas nas explotacións gandeiras de Galicia.[1]
En 1969 é nomeado director do Centro de Investigacións de Galicia, organismo dende o que se concentrou na organización e difusión da investigación agraria. Este traballo culminouse coa creación do Centro Rexional de Investigación e Desenvolvemento Agrario en Mabegondo, e do que foi director ata 1983.[1]
O seu traballo foi recoñecido con diversas condecoracións, e en 1984 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias como membro de número.[1]
Obras
editar- La producción de carne en la provincia de La Coruña, 1966.
- Intensificación de la producción pratense y forrajera, 1955.
- Mezclas pratenses en las praderas artificiales de Galicia, 1957.
- Posibilidades de expansión de la agricultura del noroeste de España, 1964.
- Ensayo de abonado de praderas con nitrógeno, 1966.
- Variedades de gramíneas y leguminosas recomendadas para Galicia, 1977, en colaboración con outros autores.
- El uso de la tierra en Galicia, 1983.
- Ideas sobre la investigación agraria, 1984.