Valentina (filme de 2021)

filme de 2021 dirixido por Chelo Loureiro

Valentina é un filme galego de animación de 2021 dirixido por Chelo Loureiro. É a primeira longametraxe de Chelo Loureiro como directora. Foi creado con Abano Producións e Brandán Álvarez en 2D e 3D.[2] O filme tiña previsto a súa estrea en xuño de 2021[3] mais aprazouse ata o 10 de decembro dese ano. Antes da estrea oficial de Valentina, foi nomeado ao mellor filme de animación nos Premios Goya,[4][5][6] galardón que finalmente gañou.

Valentina
Ficha técnica
Título orixinalValentina
DirectorChelo Loureiro
GuiónLúa Testa
Chelo Loureiro
MúsicaNani García
EstudioAbano Producións
Antaruxa
El Gatoverde Producciones
Estrea10 de decembro de 2021
Duración70 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroAnimación, infantil
Recadación84.634,10 €[1]
Na rede
IMDB: tt16277374 Filmaffinity: 356362 Allocine: 292287 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Vídeos externos
  "Trailer Valentina (GAL)". YouTube. Abano Producións. 

Valentina é unha nena coa síndrome de Down que soña con ser trapecista. Porén, cre que nunca poderá conseguilo. A súa avoa, que xoga con ela, tamén ten un desexo, chegar a converterse en directora de orquestra.

Personaxes editar

  • Lucía Serén como Valentina[7]
  • Alicia Rábade como Valentina (voz da canción)
  • María Manuela como avoa
  • Andrés Suárez Otero como papá e rei
  • Lúa Testa como mamá e raíña
  • Uxía Senlle como Dona Lola
  • Coke Couto como alfil
  • Helga Méndez como cabalo
  • Pilocha como Dona Flor

Premios editar

Ano Premio[8] Resultado
2021 XXXVIª Edición dos Premios Goya, cine de animación Gañadora
2022 IX Premios Platino do Cine Iberoamericano Nomeada
2022 V Premios Quirino Nomeada

Notas editar

  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Valentina". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2022. Consultado o 13 de outubro de 2023. 
  2. "3D WIRE 2019: PRESENTACIÓN DE 'VALENTINA'". Consultado o 2021-12-06. 
  3. "Valentina". Abano Producións (en castelán). Consultado o 2021-12-06. 
  4. Digital, Estrella. "El sueño de "Valentina" inicia la carrera a los Goya". Estrella Digital (en castelán). Consultado o 2021-12-06. 
  5. "Valentina (2021)". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 2021-12-06. 
  6. "RTVE.es estrena el tráiler de 'Valentina'" (en castelán). 2021-11-12. Consultado o 2021-12-06. 
  7. Carreira, Nicolás (8 de decembro de 2021). ""Paseino moi ben facendo dobraxe; prefiro iso á escola, pero hai que facer todo"". El Progreso. Consultado o 13 de febreiro de 2022. 
  8. "Todos los premios y nominaciones de Valentina". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 26 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar