O VLC media player (inicialmente VideoLAN Client) é un reprodutor de medios do proxecto VideoLAN. Admite moitos códecs de son e vídeo, así coma diferentes tipos de ficheiros, ademais dos formatos de DVD, VCD e varios protocolos de transmisión. Tamén pode ser usado coma un servidor de fluxo en unicast ou multicast, en IPv4 ou IPv6 , nunha rede de alta largura de banda. O programa usa a biblioteca do códec libavcodec do proxecto FFmpeg para manexar os moitos formatos que admite, e emprega a biblioteca de descifraxe DVD libdvdcss para poder reproduci-los DVD cifrados.

VLC media player
Desenvolvedor(es)Proxecto VideoLAN
Última versión3.0.17.4
(24_de_marzo de 2022)
Repositoriocode.videolan.org/videolan/vlc
Sistema operativoMultiplataforma
Lingua/sVarias
Galego: Si
TipoReprodutor
LicenzaGPL
Sitio webwww.videolan.org
VLC media player

É un dos reprodutores máis independentes, en canto a plataforma se refire, con versións para Linux, Microsoft Windows, Mac OS X, BeOS, BSD, Pocket PC e Solaris.

En Windows, Linux, e algunhas outras plataformas, o VLC inclúe unha extensión Mozilla/Firefox, que permite ver algúns ficheiros Quicktime e Windows Media incrustados nas webs sen ter que usar produtos de Microsoft ou Apple.

Da versión 0.8.2 en diante, o VLC vén cunha extensión ActiveX, que permite ver algúns ficheiros QuickTime e Windows Media incrustados nas webs, cando se navega co Internet Explorer.

O VLC media player pódese usar coma unha aplicación portable.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar