V-chip
V-chip é un termo xenérico que se usa nos Estados Unidos e o Canadá para se referir a unha tecnoloxía que se utiliza nos televisores para bloquear programas de televisión segundo a súa cualificación por idades.
Desenvolvemento
editarNos Estados Unidos o seu uso está regulado pola Comisión Federal de Comunicacións e é obrigatorio[1] en todos os receptores de televisión a partir das 13 polgadas de pantalla fabricados despois do ano 2000. A tecnoloxía V-chip usa o intervalo de borrado vertical do sinal de televisión, o sistema recibe un código especial no sinal de emisión que indica a cualificación do programa segundo un sistema numérico sinxelo segundo a violencia, sexo e linguaxe.[2] Os sinais do programa codifícanse segundo a súa cualificación por idades na liña 21 do intervalo de borrado vertical usando o protocolo XDS para que o detecto o V-chip do televisor. Se a cualificación do programa está fóra do nivel configurado como aceptable nese aparello queda automaticamente bloqueada a súa recepción. O V-chip non bloquea as emisións que non teñen cualificación por idades como son os casos dos informativos ou emisións deportivas. O V-chip ten unha contrasinal numérica de catro díxitos para evitar que os nenos maiores muden a configuración.
No Canadá non é obritario que os televisores inclúan a tecnoloxía de V-chip[3] pero si é obrigatorio que as canles cualifiquen por idades determinado tipo de programas, utilizando sistemas diferentes para as canles en inglés e francés, desenvolvéndose en 1997 o sistema das canles en inglés mentres as canles en francés utilizan o sistema de cualificación de filmes Régie du cinéma.
Notas
editar- ↑ FCC:V-Chip: Viewing Television Responsibly
- ↑ Montgomery, Kathryn C. Generation Digital:politics, commerce, and childhood in the age of the internet. (2007) The Massachusetts Institute of Technology Press.
- ↑ "V-Chip Canada". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2009. Consultado o 12 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarV.chip.org (en inglés)