Vālmīki
Vālmīki (sánscrito en devanágari : वाल्मीकि, que significa « (Penitente) do formigueiro ») é un poeta indio lendario, nado hai sobre tres mil anos e autor segundo a tradición do Rāmāyana[1], que conta a epopea do príncipe Rāma cando partiu á procura de Sītā.
Vālmīki | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | valor descoñecido |
Lugar de nacemento | India |
Falecemento | valor descoñecido |
Relixión | Hinduísmo |
Ocupación | poeta e escritor |
Coñecido por | Rāmāyaṇa |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Esta obra monumental composta de non menos de 24000 estrofas de catro versos, é unha das xoias da literatura india antiga, co Mahābhārata. Porén adoita datarse este poema a principio da era cristiá; a súa atribución a Valmiki provén de elementos internos ao texto (máis precisamente dunha parte recente onde o poeta aparece como personaxe). A tradición atribúe a Valmiki a invención do metro épico (śloka)[2]. Un sobrenome seu é Adi kavi, o Primeiro poeta.
NotasEditar
- ↑ Valmiki, Robert P. Goldman (1990). The Ramayana of Valmiki: An Epic of Ancient India 1. Princeton University Press. p. 14–15]. ISBN 0-691-01485-X.
- ↑ The Sanskrit Heritage Dictionary de Gérard Huet
A Galipedia ten un portal sobre: India |