Abrir o menú principal

Víctor Montoto Arias, nado en Betanzos e finado na mesma vila o 27 de xullo de 1932, foi un político galego.

Víctor Montoto Arias
 Betanzos
Falecemento27 de xullo de 1932
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pertencía a unha familia de raizame progresista e republicana, o seu pai, o avogado Salvador Montoto Varela, foi o primeiro alcalde de Betanzos na Revolución de 1868, e o segundo da Primeira República (1874); e o seu avó, o tamén avogado José Arias Uría, foi ministro con Espartero en 1856, e protagonista de todos os movementos revolucionarios de Betanzos entre 1820 e 1873. Víctor Montoto foi xefe local da ORGA de Betanzos e asistiu ao Pacto de Lestrobe. Foi elixido alcalde de Betanzos o 6 de xuño de 1931, aínda que xa daquela estaba enfermo, e permaneceu no cargo ata o seu falecemento en xullo do ano seguinte.


Predecesor:
Víctor Cancela Noguerol
  
Alcalde de Betanzos
 
1931 - 1932
Sucesor:
José Novo Rodríguez

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar