Os Xogos Curruncheiros de Sada

editar

Os Xogos Curruncheiros consisten nunha xuntanza da veciñanza da vila de Sada, na cal se levan a cabo diversos xogos populares e doutros tipos, así como xincanas, concursos de castelos de area, fotográficos, de tortillas, etc., organizados e arbitrados por diferentes peñas, as cales están formadas por maiores, rapazas e rapaces, e tamén por nenas e nenos. Asemade, fanse comilonas, báilase e aprovéitase para pasalo todo o ben que se pode.

Os Xogos adoitan celebrarse o sábado posterior ao fin das Festas de Sada, normalmente a 4ª fin de semana de agosto, e lévanse a cabo no merendeiro urbano “O Curruncho”, na praia das Delicias de Sada dende o ano 2014.