INFORMACIÓN XERAL[1]

editar

A Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (Galicia)[2] ten a súa orixe a mediados do século XVI e situada no Colexio fundado polo Arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca III.[3]

A colección histórica da Biblioteca é o resultado da adquisición de fondos por parte da Universidade, dos donativos de destacados benefactores, das moi valiosas contribucións bibliográficas recibidas con motivo da expulsión dos xesuítas no século XVIII e da desamortización do século XIX, que significou a incorporación das librerías dos mosteiros de Galicia.

No século XX a Biblioteca beneficiouse extraordinariamente con tres novas contribucións: a adquisición da biblioteca do Arcebispo Lago González[4], a fundación por D. Gumersindo Busto da Biblioteca América, e o depósito da Biblioteca da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.[5]

A Biblioteca Xeral é depositaria do fondo antigo da Biblioteca Universitaria, da sección Galicia, e dunha ampla colección de obras de referencia e bibliografía interdisciplinar.

Na actualidade a Biblioteca Universitaria defínese como unha unidade funcional de apoio á docencia e á investigación. Está constituída por tódolos fondos bibliográficos, documentais e audiovisuais adquiridos polos diferentes centros e servizos, polos de troco e polos mercados en favor da Universidade por outros organismos, aínda que se garden en sitios distintos e en diferentes edificios universitarios.

Os usuarios teñen o deber de respecta-la integridade e o estado das instalacións da Biblioteca Universitaria, así como os fondos e documentos que a compoñen.

Como norma xeral o horario é de luns a venres de 8.30h a 21.30h. Algunhas bibliotecas abren sábados, domingos e festivos de 10h a 19.30h.

BIBLIOTECAS[6]

editar

Dentro da biblioteca encontramonos cunha serie de sub-bibliotecas que se clasifican según os títulos existentes na universidade e dependendo do campus no que nos encontremos:

En Santiago:

  • Biblioteca Concepción Arenal
  • Biblioteca Xeral
  • Bioloxía
  • Ciencias da Comunicación
  • Ciencias da Educación (Campus Norte)
  • Ciencias Económicas e Empresariais
  • Enfermaría
  • Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Física e Óptica
  • Farmacia
  • Filoloxía
  • Filosofía
  • Matemáticas
  • Medicina e Odontoloxía
  • Psicoloxía e Ciencias da Educación
  • Química
  • Xeografía e Historia

En Lugo:

  • Biblioteca Intercentros
  • Formación do Profesorado

COLECCIÓNS[7]

editar

Dentro das colección da biblioteca da universidade de Santiago hay os seguintes fondos:

Fondos xerais: Relación alfabética de títulos dos libros dixitalizados do fondo antigo non galego da Biblioteca Universitaria.

Fondo de Galicia: Relación alfabética de títulos dos libros dixitalizados do fondo galego de manuscritos e impresos publicados entre 1483 e 1900 pertencente á Biblioteca Universitaria.

Teses de Galicia: Relación alfabética de títulos das teses defendidas na USC a partir do ano 2005 con autorización para edición en acceso aberto.

Fondo de prensa galega:Relación alfabética de títulos de prensa e revistas dixitalizadas de fondo antigo galego.

Incunables:Relación alfabética de títulos da colección de incunables da BUSC.

Literaturas hispánicas: Esta colección recolle as monografías que posúe a BUSC no campo da literatura hispánica impresas entre os séculos XV e XVIII, entendendo por hispánico todo o producido na Península ou fóra dela, por autores peninsulares en calquera lingua e considerando literatura toda a produción dos mesmos, pertenza ou non ao eido do que normalmente se entende por literatura artística ou de creación.

Biblioteca América:Esta colección recolle fondos dixitalizados anteriores a 1900 pertencentes á Biblioteca América da Biblioteca Xeral. A Biblioteca América nace grazas ao impulso de Gumersindo Busto, emigrante galego en América, que nos primeiros anos do século XX conseguiu reunir un número importante de libros, folletos e obxectos diversos de diferentes procedencias e de carácter multidisciplinar e enciclopédico.

Manuscritos: Manuscritos dixitalizados da Biblioteca Universitaria.

Bibliografías Letras Galegas: Catálogos bibliográficos, elaborados pola Biblioteca Universitaria, correspondentes a diferentes mostras bibliográficas organizadas anualmente con motivo do Día das Letras Galegas

SERVIZOS[8]

editar

Os servicios que presta a biblioteca son:

Información e referencia: Todas as bibliotecas que conforman a BUSC contan cun punto de información ao que se pode dirixir calquera usuario para solicitar axuda relacionada con:

  • Horarios, servizos e normas da biblioteca.
  • Organización e localización dos fondos documentais.
  • Funcionamento e manexo do catálogo automatizado.
  • Utilización e consulta das distintas bases de datos e doutras fontes de información.
  • Facer algunha consulta mediante o correo electrónico.
  • A BUSC ofrece un plan de formación para profundir no coñecemento dos servizos bibliotecarios e dos recursos de información.

Reprografía: A Biblioteca facilitará a reprodución dos seus fondos coas restricións que impoñen a Lei de Propiedade Intelectual e as garantías de conservación do patrimonio bibliográfico.

Con carácter xeral, os fondos poderán ser reproducidos mediante:

  • Fotocopia a partir do orixinal impreso
  • Copia en papel a partir de microforma, no caso de fondos previamente microfilmados pola biblioteca ou no caso  de obras editadas nese soporte.
  • As bibliotecas contan con fotocopiadoras e/ou lectores/reprodutores de microformas utilizables directamente polos usuarios para a reprodución das obras consultadas.
  • Os fondos anteriores a 1901, e aqueles outros de singular ou especial valor, serán reproducibles en soporte dixital.
  • Permítese a reprodución por medios fotográficos (cos equipos propios do solicitante) nos locais da Biblioteca.

Préstamo a domicilio: Os fondos da Biblioteca Universitaria poderán levarse en préstamo a domicilio por un período de tempo e condicións variables en función do tipo de usuario e das características dos fondos.

Para facer uso deste servizo é necesario dispoñer da Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) ou dunha carta de lector expedida pola BUSC.

CATÁLOGOS[9]

editar

O catalogo da biblioteca da universidade de Santiago de Compostela chamase Iacobus e nela encontrámonos dous tipos de busca:

Simple: Que é a busca onde se pode buscar un documentos por unha variable, como seria: Palabra clave, Autor, Titulo, ISBN/ISSN, Tema, Tema Galego, Titulo de revista, Titulo de colección, Signatura e Procedencia da colección. Ademais, da a opción de buscar nos distintos fondos da universidade.

Avanzada: Na que hai catro campos nos que podemos escoller en cada un deles se queremos que a busca sexa sobre o Autor, Tema, Titulo ou Nota. Ademais destas variables neste tipo de busca pódese especificar a ubicación do documento, tipo de materia (tipo de documento), a lingua, a data (podendo realizar unha limitación desde un ano e outro) e por último pódese ordenar os resultados por relevancia, data ou titulo.

BIBLIOGRAFÍA

editar

Biblioteca Universidad Santiago de Compostela

VEXA TAMÉN

editar

Minerva

Dialnet (USC)

PreLo

Biblioteca Universidad de A Coruña

Biblioteca Universidad de Vigo

LISTA DE REFERENCIA

editar
  1. "Información xeral". 
  2. "Santiago de Compostela". 
  3. "Alonso de Fonseca III". 
  4. "Arcebispo Lago González". 
  5. "Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago". 
  6. "Bibliotecas". 
  7. "Coleccións". 
  8. "Servizos". 
  9. "Catálogo".