PERIODO CARBONÍFERO

O periodo Carbonífero debe o seu nome o carbón que se iniciou fai uns 300 millóns de anos.Cando as árbores mortas e outros vexetales caían en pantanos quedaban cubertos de lodo. Co tempo os restos vexetales secáronse e formaron o que chamamos turba. Enterada baixo capas de terra e rocha a gran profundidade, a turba quedou comprimida e calentouse ata que ó final converteuse en carbón.

O periodo Carbonífero transcuriu dende 361 a 290 millóns de anos. No carbonífero os dinosaurios, os mamíferos e as aves aínda non existían. As plantas que evitaban a terra eran grandes equisetos, antigos parentes de pequenas plantas como as acequias de hoxe en día. Neste periodo formáronse numerosos deltas, especialmente en Europa e en América. As vastas cordilleiras que se habían formado durante o Devónico comezan a desgastarse pola acción do vento e da chuvia. As rochas eran trituradas ata formar unha area fina chamada limo, que se acumulaba cando a auga que as transportaba chegaba ó mar. Esta terra húmida e pantanosa atopábanse en tupidas selvas.

O peridodo Carbonífero coñécese tamén como a Era dos Anfibios, pois as condicións eran as axeitadas para eles. Había moita auga onde podían desovar, pero non podían poñer os ovos no medio terretre. Ó desenrolar as criaturas ovos con cáscara solucionouse o problema anterior do desove exclusivo no medio acuático, que permitíu nacer en terra as crías. Foi cando no carbonífero apareceron os primeiros reptís a partir dun grupo de anfibios e con eles levouse a cabo a definitiva conquista do medio terrestre. A partir deste momento comeza o auxe dos dinosaurios. O periodo Carbonífero contemplou a evolución dos primeiros reptís, antepasados tanto dos dinosaurios como dos mamíferos. Outros animais máis pequenos vivían tamén no solo do bosque; estes animais pequenos parecíanse moito ós lagartos.

As árbores do periodo non se parecían ás árbores actuais, pois en realidade eran versións xigantescas dalgunhas plantas que hoxe chamamos equisetos e licopodios. As ramas e as follas das árbores formaban un teito sobre a selva, sumiendo o solo na escuridade. Cerca do solo había unha densa maraña de helechos que crecían na húmida terra; esta componse de capas de vexetación descomposta e aplastada.


Algúns dos seres vivos que habitaban o planeta eran:

· Os Lepospóndilos constituían un grupo de anfibios insectíboros de menor tamaño. O seu nome fai referencia á estructuras das súas vértebras. Estes anfibios evolucionaron durante o periodo Carbonífero e sobreviviron ata finais do Pérmico. Durante este periodo de 100 millóns de anos, desarrollouse unha variedade de pequenos lepospóndilos, semellantes ás salamandras ou as serpes.


· O Crassigyrinus viviu a principios do Carbonífero en Europa, concretamente en Escocia, e media 2 metros de lonxitude. Era un ser de aspecto estrano, incluso para un anfibio primitivo. Tiña o corpo alargado, similar ó de un peixe, cunha larga cola e extremidades diminutas. A cabeza medía uns 30cm de lonxitude e as mandíbulas repletas de dentes, que se abrían enormemente. Os ollos eran especialmente grandes e estaban situados moi xuntos un do outro.

Estas desusadas características indican que había perdido o uso das súas extremidades e que había volto á vida na auga. Os seus dentes son os de un comedor de peixes e o seu hidrodinámico corpo fai pensar que era un veloz depredador.

O tamaño dos seus ollos podía indicar que cazaba en augas escuras e cargadas de sedimentos dos pantanos do Carbonífero,nadando como unha anguía entre e abundante vexetación.


· O Greererpetón viviu a principios do Carbonífero en América do Norte e media 1,5 metros de lonxitude. A forma do seu corpo era ideal para os desprazamentos na auga, con sinuosas ondulacións ó estilo das anguias. A cabeza baixa e achatada, de uns 18cm de lonxitude, reposaba sobre un pescozo breve, conectado a un corpo sumamente alargado ( con arredor de 40 vértebras dorsales) e terminando nunha larga aleta caudal. As patas eran cortas, cada unha con cinco dedos que lle srevían para maniobrar e frea na auga. Os sucos abertos ós lados do cráneo constituen un legado dos seus antepasados. Estes surcos marcan a posición, na vida do animal, da línea lateral sensorial capaz de detectar as vibracións transmitidas pola auga. A estructurado oído deste habitante da auga estaba pouco desnrolada, a diferenza da que se observaba na dos anfibios terretres.