VILARELLOS:
É un pobo que pertence a parroquia de Tronceda, concello de Castro Caldelas, provincia de Ourense.
A parroquia de Tronceda pertence  tamen outros pobos,Susaus e As Carbaleiras.
Neste pobo pódese encontrar unha pequena igrexa, no medio do pobo.
Nel viven 7 veciños.
Ten un gran interese turístico, encóntrase moi preto do rio Sil e dende algúns miradores que pertencen a Vilarellos.
Dende eses miradores pódense apreciar unhas vistas moi bonitas, pódense ver os codos do rio Sil entre moitas outras cousas.
Estes miradores son moi coñecidos, chámanlle a Cova de Mario e a Pena do Xabrego.