É un libro de 16 relatos curtos escrito por Manuel Rivas no ano 1995.Está composto por relatos como "Que me queres amor?" "A lingua das bolboretas", "Carmiña"...

Trátase o mesmo tema en tódalas narracións:o amor. Cada relato ten o seu propio contexto no que se desenvolve este tema e os conflictos que xorden a raíz del e da falta del. Hai contos que tratan de nenos e da supresión do amor paterno, as veces con desenlaces tráxicos: os contos que falan sobre este tema son: "Conga conga", "A lingua das bolboretas", "Un saxo na nebóa", "Só por ahí", "O mister e Iron Miden" e "A luz da Yoko". Outros contos exploran as relacións entre fillos xa crecidos e as súas nais, estes contos son: "A leiteira de Bermeer" e "Unha flor branca para os morcegos". As narracións que teñen máis que ver con adultos e o amor erótico son: "Carmiña", "As cousas", "Debuxos animados", "Que me queres amor?", "Vostedes serán moi felices" e "A moza do pantalón pirata". Tamén figuran contos de vellos como son:"A chegada de sabedoría" e "O inmenso campo santo da Habana". Un dos contos que ten como tema principal as experiencias dun neno é "A lingua das bolboretas" que abrangue unha gran variedade de acontecementos como o medo do neno o primeiro día de escola, os seus gozos ao aprender cousas novas, etc. Tamén fala sobre o tema da guerra civil.