Ola, o meu nome é Meinhof, teño 24 anos e estou licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Os meus intereses son a literatura e a lingua.

Son novísima na Galipedia e nin sequera sei se estou a cubrir correctamente esta páxina, co que pido certa paciencia polos meus erros constantes á hora de editar. En todo caso, encóntrome entusiasmada co proxecto.