Divertido

Facer enfermaría en galego a nivel de disciplina, sigue a ser complicado, non tanto a nivel profesional.[1] editar

Eu editar

Viñen o mundo en Lugo, a finais da década dos 50 do século XX, no seo dunha familia oriunda do concello de Portomarín, no que transcorreo boa parte da miña infancia e o que continúo vinculado.

A miña formación académica editar

Estudei enfermaría na Escola de Enfermaría de Lugo rematando a diplomatura no ano 1981, posteriormente, formeime como acupuntor na Escuela Politécnica da Federación Politécnica de Diplomados en León.

Master en medios teatrais e cinematográficos pola Universidade de A Coruña.1999

Curso de Aptitude Pedagóxica na USC

No ano 2000 comencei a estudar a humanidades na Facultade de Humanidades de Lugo, realizando posteriormente os estudos de postgrao.

Como pasan as miñas xordadas editar

Polas mañas realizo Enfermaría asistencial, nun Centro de Saúde na Alta Montaña lucense

Polas tardes exerzo docencia na Escola de Enfermaría de Lugo, estudo e realizo investigación etnografica nos eidos culturais

Proxectos nos que ando actualmente editar

O máis recente é isto da Galipedia (unha boa fiestra, para facer ciencia en galego) Coñecina a través do Servizo de Política Lingüistica, co gallo da organización do Día da Ciencia en Galego do 2014 e co que xa tivera a sorte de colaborar no 2013. Espero poder adicarlle a este tema a lo menos 1 hora ou duas a semana.

Estamos pondo en Marcha a Academia de Enfermaría Galega dende o ano 2012, vai lenta pero esperemos que segura.

Tento escribir a miña tese de doutoramento que está matriculada na Facultade de Filosofía na Cátedra de Antropoloxía Social.

Estou facendo colaboracións puntuais con centros de ensino e acociacións para dar a coñecer as nosas costume tradicionais e contemporáneas dunha Galicia que anda a procura da súa identidade.

O caletre bule máis do que as miñas pernas e os meus brazos non dan feito, a pesares de durmir poucas horas. Do que se deduce ideas moitas, o traballo vai amodiño ou como dicimos en Portomarín: voume engorde

Notas editar

  1. Isidoro Rodríguez Pérez Enfermeiro, humanista, etnografo, dinamizador cultural