HISTORIA DA EMPRESA CONSERVEIRA JEALSA-RIANXEIRA

editar

A empresa créase no ano 1958 da man do señor Jesús Alonso Fernández pero non é ata o ano 1974 cando a empresa pasa a constituírse na sociedade anónima con nome de Jesús Alonso, S.A. (Jealsa). No ano 1991 a empresa adquire o que será a segunda planta do proceso que funcionará como complemento da primeira planta, na que está centralizado o proceso de elaboración de conservas de atún, con unha capacidade de produción de 400 Tm/día. Esta planta está considerada como unha das máis avanzadas do mundo. Tamén cabe destacar que antes de facer esta adquisición, no 1987, Jealsa foi a primeira empresa en introducir o abrefácil nas súas latas. O ano 1998 é un ano importante para a empresa, xa que incorpora o aceite de oliva en toda a súa gama de productos, facéndolle chegar a ós consumidores todas as ventaxas que o aceite pode aportar á súa saúde. No ano 2000 constitúese a sociedade 'Mare Aperto' fruto do proceso de joint venture con 'Star' en Italia. No ano 2001 conócese un dato revelador sobre a importancia da empresa no sector, prodúcense uns 390 millóns de latas.

INFORMACIÓN ADICIONAL/DATOS IMPORTANTES

editar

O grupo Jealsa Rianxeira constitúese por 14 sociedades repartidase en tres áreas: pesca e servizos, conservas e pescados e medioambiente e enerxía. Con presencia industrial en España e Guatemala, e comercial en Portugal, Francia e Italia. O grupo, que ofrece emprego a máis de 2000 traballadores, facturou o ano anterior cerca de 300 millóns de euros dos cales un 8% se destinaron ó departamento de sistemas da información.

DATOS DA EMPRESA

editar

Denominación: JEALSA RIANXEIRA S.A.

Obxeto social: Artigo 2. Obxeto. Constitúe o obxeto social da Social da Sociedade: 1º A fabricación, compraventa, importación, exportación e suministro de toda clase de conservas de peixe e mariscos; o seu envasado e comercio en xeral de tal industria.

Domicilio social: Rúa Bodion, s/n, 15930, A Coruña

Localidade: Boiro

Teléfono: 981 866 139

Fax: 981 848 535

Email: cliente@rianxeira.com

Forma xurídica: Sociedade Anónima

CIF-NIF: A15022221

URLS: www.rianxeira.com


PRODUCIÓN

editar

O Grupo Jealsa Rianxeira facturou no ano 2010 uns 421 millóns de euros, o que supón un 14% máis que en 2009; crecemento impulsado principalmente polas exportacións que aumentaron nun 47% en dito ano. De este modo, Jealsa consolídase no mercado nacional como a segunda compañía conserveira. E faino a través de tres liñas de actividade: conservas de pescado, pesca e servizos, e medioambiente e enerxía. Os seus principais produtos conserveiros son: Atún claro en aceite de oliva, atún claro en aceite vexetal, bonito, calamar, marisco, mexillóns, sardiñas, ensaladas e como novidade destacan os bocaditos (innovadora presentación do atún). Para a súa produción, o grupo dispón de dúas plantas de proceso, ambas situadas en Galicia. A principal, destinada á fabricación de conservas de atún, está considerada polos expertos como unha das máis modernas do mundo. Na segunda planta, elabora o resto da gama de produtos.


CALIDADE

editar

Os mexillóns son extraídos das Rías Galegas, as sardiñas dos caladoiros Atlántico Español-Portugués e do Cantábrico Español, Sardinillas dos caladoiros Atlántico Español–Portugués e do Mediterráneo; en definitiva, as materias primas son obtidas nas zonas que garantan a mellor calidade. Dita calidade, está avalada por certificados como o “Galicia Calidade” e o EFSIS HIGHER. Este último, concedido pola asociación de distribuidores e importadores británicos.


NOTAS DE PRENSA

editar

O grupo Jealsa-Rianxeira pechará o ano cun novo récord de ventas (2011): http://visitaboiro.blogspot.com.es/2011/09/noticias-jealsa-rianxeira.html

A fábrica que gusta ós sindicatos: http://elpais.com/tag/jealsa_rianxeira/a/

Jealsa-Rianxeira invirte 20 millóns de euros no mercado brasileiro: http://www.icex.es/icex/cda/controller/pageOfecomes/0,5310,5280449_5282927_5284940_4393614_BR,00.html