Chámome Xosé, vivo en Madrid pero agardo voltar ó país máis tarde ou máis cedo. Levo anos consultando e facendo pequenas correccións en artigos, e a partires dagora procurarei implicarme máis na Wikipedia galega e na comunidade que xira ó seu redor.

Podo colaborar en artigos sobre economía e novas tecnoloxías, aínda que a política e a historia son cuestións que me interesan e sobre as que agardo facer boas aportacións.

Que mellor xeito de aprender e difundir coñecemento que colaborando nun proxecto coma este, e se ademáis lle engadimos poñer boa parte da sabedoría universal ó alcance dos galegos e no noso idioma... ogallá fagamos subir a Wikipedia galega no ranking. Adiante!