Usuario:Lameiro/Catasterismos

Catasterismo: É a transformación dun personaxe da mitoloxía grega nunha estrela ou nunha constelación.

ver esWiki: Anexo: Catasterismos

Constelacións editar

  • Acuario: Ganimedes, fillo de Asáraco (Hixino, 224)
  • Árcade, fillo de Zeus e de Calisto (Hixino, 224)
  • Ariadna, filla de Minos e de Pasífae (Hixino, 224)
  • Asclepio, fillo de Apolo (Hixino, 224)
  • Auriga: Mírtilo, fillo de Hermes auriga de Enómao (Hixino, 224). Matouno Pélope e Hermes púxoo no firmamento.
    • Segundo outra versión, representa a Erictonio, nado do seme de Hefesto caído na Terra. Inventou a cuadriga (Robert Graves, px. 112).
  • Calisto, filla de Licaón, na constelación de Septentrión (Hixino, 224)
  • Capricornio: Amaltea foi convertida na constelación de Capricornio (Graves, 48)
  • Cinosura, nodriza de Xúpiter "no outro Septentrión" (Hixino, 224)
  • Hydra: Apolo ten coma servente a un corvo. Envíao a buscar auga, pero este descansa na viaxe para pillar uns figos dunha figueira e, cando finalmente recolle a agua nunha crátera, trae tamén unha serpe de auga, coma escusa pola súa tardanza. Apolo dáse de conta do engano e enfadado, lanza ó corvo, a crátera e a serpe ó ceo. A serpe sería a constelación Hydra, que aparece coma unha serpe retorcéndose (glWiki: Hydra (constelación))
  • Icario e Erígone, a súa filla, en Arturo e Virgo, respectivamente (Hixino, 224)
  • León: Heracles matou ó león de Nemea, e Zeus converteu ó león na constelación de Leo, para honrar ó seu fillo e lembrar a súa fazaña (glWiki: León de Nemea)
  • Leucótea: Ino, filla de Cadmo (Hixino, 224)
  • Melitertes, fillo de Atamante (Hixino, 224)
  • Orión: ver Pléiades
  • Osa maior: Zeus seduciu a Calisto, unha ninfa compañeira de caza de Artemisa, transformándose na propia Artemisa, polo que Calisto non sospeitou. Hera converteu a Calisto en osa, como castigo polas súas relacións con Zeus e Artemisa matouna coas súas frechas, pero Zeus converteuna na Osa Maior (glWiki: Zeus)
  • Pan, fillo de Mercurio (Hixino, 224)
  • Pegaso: Pegaso figura na mitoloxía grega. Outra teoría é que se trate do cabalo que fixo brotar coas patas a fonte Hipocrene (que algúns autores atribuían ó propio Pegaso). Outra versión defendía que se trataba dunha egua na que foi catasterizada Hipe, filla de Quirón, tras ser seducida por Eolo. Artemisa metamorfoseouna en egua para que non fora recoñecida polo seu pai, e púxoa entre as constelacións (gl Wiki: Pegaso)(gl Wiki: Pegasus)
  • Perseo (Hixino, 224)
  • Pléiades: as Pléiades eran sete irmás, fillas de Atlas e Pléione. Foron acosadas polo cazador Orión que, durante sete anos, non deixou de perseguilas. Zeus apiadouse e as converteu na constelación, pero Orión non cedeu e segue tras elas na constelación de Orión. Son sete irmás pero só poden verse seis, as seis que estaban casadas con deuses inmortais. A sétima, Mérope, brilla con menos intensidade porque casou cun mortal, Sísifo (esWiki: Mérope (pléyade))
  • Saxitario: Croto, fillo de Pan e de Eufeme, na constelación de Saxitario (Hixino, 224)

Outras transformacións editar

  • Anfitrión: para xacer con Alcmena, esposa de Anfitrión, Zeus transformouse no seu home, naquel momento ausente na guerra. Tivo un fillo: Heracles (glWiki)
  • Artemisa: Zeus seduciu a Calisto, unha ninfa compañeira de caza de Artemisa, transformándose na propia Artemisa, polo que Calisto non sospeitou. Hera converteu a Calisto en osa, como castigo polas súas relacións con Zeus e Artemisa matouna coas súas frechas, pero Zeus converteuna na Osa Maior (glWiki: Zeus)

Animais editar

  • Aguia: Zeus raptou a Europa convertido en boi, pero logo violouna en forma de aguia (Graves, 216)
  • Ave: Escila (filla de Niso, rei de Mégara) foi transformada en ave mariña, perseguida sen descanso polo pai, transformado nunha aguia mariña (glWiki:Minos)
  • Aves: Alcíone e Céix morreron pola súa arrogancia: el dicía que a súa esposa era Hera e ela que o seu home era Zeus. Por iso Zeus converteunos en paxaros: ela en alción e el en gaivota (Apolodoro, I, 7, 4): non obstante, Ovidio (Metamorfosis XI, 410-750) dá outra versión: Céix morreu afogado cando ía consultar o oráculo, e Alcíone, cando atopou o corpo, transformouse en ave (Apolodoro, nota 62, px. 62)
  • Boi: Heracles pediu a man de Deianira, pero o pai, Eneo, vírase obrigado a darlla ó deus do río Aqueloo. Heracles tivo que enfrontarse con Aqueloo e derrotalo, tras sucesivas transformacións deste en arroiada de auga, serpe e touro, conseguindo así o dereito a casar con Deianira (glWiki: Deianira)
  • Boi: Zeus converteuse nun touro branco para raptar a Europa (princesa de Tiro) e levala a (glWiki: Zeus)
  • Boi: Zeus, convertido en néboa, tivo un fillo, Épafo, coa sacerdotisa de Hera, Ío. Para salvar a Ío da vinganza de Hera, Zeus converteuna logo nunha becerra ou vaca branca (glWiki: Zeus)
  • Cervo: Acteón cometeu a imprudencia de ver espida a Artemisa mentres andaba de caza cos seus cans. A deusa, indignada, converteuno en cervo e acirrou os cans contra el, que o devoraron sen recoñecelo (glWiki: Hileo)
  • Cisne: Para evitar as proposicións de Zeus, Leda converteuse en ganso, pero Zeus transformouse en cisne e así puido posuíla. Tivo dous fillos, Helena e Pólux (glWiki:Zeus) (Apolo III, px. 188)
  • Cuco: Zeus metamorfoseouse en cuco, mollado nun día de treboada, e apareceu así ante Hera. Esta acolleuno entre os peitos para quentalo e nese momento Zeus recuperou o seu ser e violou a Hera e así, ela non tivo máis remedio que aceptar a Zeus (glWiki: Zeus)
  • Donicela: a serva de Alcmena, Galantis enganou a Ilitía dicíndolle que Alcmena xa parira, polo que a deusa soltou as mans e así puido por fin producirse o parto. Irritada polo engano, Ilitía converteu a Galantis en donicela (glWiki: Alcmena)
  • Foca: unha das 50 nereidas, Psámate (unha ninfa casada con Éaco) transformouse en foca para fuxir de Éaco, pero este alcanzouna e tiveron un fillo, Foco (glWiki: Éaco)
  • Gabián: a filla de Dedalión, Quíone, presumía de ser máis fermosa que Artemisa, polo que a deusa a matou (ou atravesoulle a lingua cunha frecha). Apolo converteu ó pai en gabián para acabar coa súa dor (Hixino 200), ou en miñato (Grimal: Dedalión)
  • Galiña de Guinea: á morte de Meleagro, Altea suicidouse e as irmás choran desconsoladas, ata que Artemisa as converteu en galiñas de Guinea, pero grazas ás súplicas de Dioniso puido volver á súa forma humana, o mesmo que a súa irmá Gorxe (glWiki: Deianira)
  • Ganso: ver Cisne
  • León:
    • Atalanta e Melanión fixeron o amor no templo de Zeus, e este converteunos en leóns, que se cría que non se podían aparear entre si (Grimal) (Apolo III, px 182)
    • Neleo, tras enfrontarse con Pelias, foi expulsado, e chegou a Mesenia e fundou Pilos. Casou con Cloris e tiveron doce fillos, entre eles Periclímeno, a quen Posidón concedeu a facultade de cambiar de forma: cando Heracles destruíu Pilos, Periclímeno transformouse durante o combate en león, serpe e abella, pero ó final morreu a mans de Heracles, xunto os outros fillos de Neleo (Apolodoro, I, 9, 9)
  • Lobo: Telamón e Peleo mataron a Foco. Cando Psámate se enterou de que lle mataran o fillo, vingouse converténdose nunha loba que acabou co gando da illa de Exina (Éaco era o rei de Exina) (glWiki: Éaco)
  • Miñato: ver Gabián
  • Mono: os Cercopes foron transformados en monos, por Zeus (Graves, 571) (Apolodoro, nota 98, px. 132)
  • Oso: Zeus seduciu a Calisto, unha ninfa compañeira de caza de Artemisa, transformándose na propia Artemisa, polo que Calisto non sospeitou. Hera converteu a Calisto en osa, como castigo polas súas relacións con Zeus e Artemisa matouna coas súas frechas, pero Zeus converteuna na Osa Maior (glWiki: Zeus)
  • Ovella: Poseidón transformouse a si mesmo en carneiro e á súa amante, Teófane, en ovella. Tras unirse baixo esta forma, tiveron un carneiro coa pel de ouro (que sería posteriormente o vélaro de ouro (Hixino, 188)
  • Paspallás: Asteria, filla de Ceo e Hebe, para evitar unirse con Zeus, lanzouse ó mar convertida en paspallás desde a cidade de Delos, denominada Asteria na súa honra (Apolodoro, I, 4, 1)
Como Asteria desprezara a Zeus, el transformouna en paspallás e botouna ó mar, e de aí naceu a illa Ortigia (Hixino, 53)
  • Serpe: Apolo ten coma servente a un corvo. Envíao a buscar auga, pero este descansa na viaxe para pillar uns figos dunha figueira e, cando finalmente recolle a agua nunha crátera, trae tamén unha serpe de auga, coma escusa pola súa tardanza. Apolo dáse de conta do engano e enfadado, lanza ó corvo, a crátera e a serpe ó ceo. A serpe sería a constelación Hydra, que aparece coma unha serpe retorcéndose (glWiki: Hydra (constelación))

Obxectos editar

  • Chuvia de ouro: Zeus tomaou a forma de fina chuvia de ouro para poder entrar así na torre onde Acrisio tiña pechada á filla, Dánae, coa que tivo un fillo, Perseo (glWiki: Zeus).
  • Néboa: Zeus, convertido en néboa, tivo un fillo, Épafo, coa sacerdotisa de Hera, Ío. Para salvar a Ío da vinganza de Hera, Zeus converteuna logo nunha becerra ou vaca branca (glWiki: Zeus)
  • Nube: Ixión intentou seducir a Hera, a esposa de Zeus, que o contou ó seu home. Para comprobalo, Zeus creou unha nube coa forma de Hera e fíxoa aparecer ante Ixión, que caeu na trampa (esWiki: Ixión)
  • Rocha: Calidón era fillo de Ares e Astínome, e foi transformado en rocha despois de ver a Ártemis, espida, durante o baño (glWiki: Calidón (fillo de Testio)).
    • A ninfa Nomia cegou ó fermoso Dafnis por serlle infiel con Quimera, outra ninfa que o seduciu cando estaba bébedo. Ó morrer, Hermes, pai de Dafnis, converteuno nunha pedra na que naceu unha fonte (glWiki: Quimera)