Bot en probas editar

Jembot é un bot programado desde cero en PHP e dedicado principalmente á actualización periódica de modelos, estatísticas ou páxinas baseadas en datos variables, podendo tamén realizar outras tarefas repetitivas automáticas ou asistidas a petición dos usuarios. A súa primeira autorización como bot tivo lugar en agosto de 2010 en Wikipedia en español, onde o seu controlador é administrador, e actualmente está operativo en diversos proxectos Wikimedia, en continua mellora e ampliación.

Para informar de problemas ou realizar suxestións ou peticións pódese escribir na discusión do operador. A información completa e actualizada sobre o funcionamento do bot, as tarefas efectuadas e a frecuencia das mesmas pode atoparse nesta páxina.