Este usuario é un usuario colectivo baixo a dirección de User:Lmbuga.

Vinme na obriga de crear este usuario colectivo pola imposibilidade de traballar con contas individuais. O motivo de que non poida traballar con contas individuais é un pouco sorprendente, algo que eu non sabía. Resulta que desde unha IP só se poden crear 6 usuarios, ó intentar crear un sétimo, aparéceche unha mensaxe que indica que superaches o tope permitido desde esa IP. Na segunda aula de informática do noso Centro, ningún dos ordenadores permite a creación de contas (non é de estrañar, pois moitos profesores teñen traballado coa Galipedia). Considerando que máis da metade dos meus alumnos non teñen internet na casa, non me queda máis remedio que crearlles eu un usuario colectivo -cousa que me facilita enormemente o control- para poder controlalos, senón terían que editar como IP.--Lmbuga Commons - Galipedia 11:30, 7 abril 2008 (UTC)