Hola a todos e todas,

Chámome Henrique e veño seguindo desde hai un tempiño este proxecto de todos que é a Wikipedia. A miña contribución a esta Galipedia é aínda pequena e non vos podo prometer que vaia a medrar espectacularmente pero farei todo o posibel por contribuir un pouquiño, sexa a traves de pequenas colaboracións ou dando a coñecer este proxecto.

Neste momento vivo, traballo e teño un fillo na Bélxica. Pertenzo pois a esa liña da emigración galega que non parece ter fin. Teño que dicir de tódolos xeitos que a causa da miña idade e situación a miña emigración pouco ten que ver coa que fixeron tódolos meus tíos.

Traballo de Enxeñeiro de Traducción...resumindo: coido de tódolos procesos relacionados coa traducción e os computadores. Ou doutro xeito: tráballo para mellorar o proceso da traducción a traves da informática. Son traductor de orixe ou sexa que unha das posibilidades que considerei nun comezo para colaborar na Galipedia foi a de traducir artigos do Inglés/Francés/Castelán ao Galego. Teño que botar unha ollada á lista nas páxinas de axuda pero se alguén ten algunha suxerencia de ártigo a traducir aceptareina de bo grado.

Unha aperta