-
Todos estes cambios implicaron un gran esforzo e capacidade de organización. Non temos datos exactos do traballo que se realizou pero aproximadamente houbo que modificar máis de 600 páxinas e reordenar máis de 150 fotografías, cousa que nos tivo liados unhas dúas semanas.
E o traballo non rematara, ó final do choio decatámonos de que tódolos mapas de concellos de Galicia había que actualizalos, máis de 500 ficheiros...
Así que dende a Galipedia pedimos á Xunta de Galicia que antes de facer outra fusión de concellos consulte a dispoñibilidade dos nosos editores para poder facer estes cambios :D
|