No ámbito da filosofía, o concepto de transitividade enténdese como unha relación entre tres proposicións, na que se algún é implicada por unha das outras e implica a restante, entón esta última é implicada tamén pola outra. Exemplo: Se A é maior que B, e B é maior que C, entón, A é maior que C.

Isto aplicado á ética, deriva nunha relación de de “mellor que” ou “preferible que”, no sentido de que se chega a asumir axioloxicamente que se A é mellor que (ou preferible que) B, e B é mellor que (ou preferible que) C, entón , A ten que ser mellor que (ou preferible que) C.

O fundamento de “mellor ou preferible que” foi cuestionado, pois condúcenos a casos contraintuitivos. Poñamos como exemplo o caso dunha avaliación dun programa televisivo segundo os resultados obtidos dun test público. Neste caso, poderíase considerar que o programa A é mellor que o programa B porque A sacou maior puntuación no test que B. E A  debe ser mellor que C porque os resultados de B son mellores ca os de C. Non obstante, o programa A pode non ser mellor que o programa C. As nosas preferencias, en ocasións, poden ser instransitivas.

Cando comparamos distintas cousas, podémolo facer en función de distintos factores. En ética hai dous tipos de comparabilidade, a da teoría do valor e a da teoría normativa. A primeira consiste en que dúas ou máis cousas son comprables con respecto ao seu valor se é posible estimar se una certa ocorrencia dunha delas é máis ou menos valiosa ca una certa ocorrencia doutra.  Un exemplo disto sería cando dicimos que o amor é máis valioso que o diñeiro ou viceversa, xa que estamos dándolle máis peso ou antepoñendo unha á outra. A segunda é que dúas ou máis prescricións son comparables no que toca a súa importancia se é posible estimar se o seguimento dunha delas debe primar ou ceder ante o seguimento doutra. Un exemplo disto sería, tendo as prescricións de “non mentir” e “non danar a ninguén”, darlle prioridade a unha ou a outra porque nos pareza máis correcta ou importante.

No problema da comparabilidade, é importante distinguir entre a incomparabilidade e a non comparabilidade, xa que estes termos fan referencia a dous problemas moi distintos do problema que conleva a comparabilidade. A non comparabilidade prodúcese cando estamos ante dous termos que non ten sentido comprar con respecto a un certo atributo porque non son a clase de cousas das que se predique ese atributo. Non se poden comparar dous termos en base a unha calidade que non posúen. Por exemplo, non ten sentido comparar unha papeleira e as obras de Cervantes con respecto á capacidade de saltar ou cantar, xa que non son a clase de cousas que posúan esas calidades.

A incomparabilidade xorde cando levamos a cabo unha comparación entre dous ou máis elementos e non somos quen de estimar cal deles é máis ou menos valioso que o outro. A causa de non poder levar a cabo esta comparación débese a unha falta de elementos comúns. Un exemplo da incomparabilidade podería ser: Lanzar un dado ao aire e analizar os sucesos: Por un lado, que salga un número menor que 3 e polo outro, que salga o número 6.

Ante este exemplo podemos comprobar que non se pode levar a cabo unha comparación xa que non hai presentes elementos común entre eles.

Existen distintos exemplos nos cales a relación de preferencias ten a forma A<B<C<A. Isto é, consideramos que A é mellor que B, que B é mellor que C pero que C é mellor que A. Nestes casos encontrámonos con que os nosos conxuntos de preferencias son intransitivos. Ademais, asumir a intransitividade neste tipo de casos levaríanos a resultados contraintuitivos. Ilustremos isto cun exemplo: supoñamos unha situación Ana que nos torturan de forma horrible durante un ano, e unha situación B na que a tortura é un pouco máis leve ca en B, pero dura nove anos. De novo, á hora de comprar, a maioría prefiriríamos a situación B. Supoñamos que seguimos así consecutivamente até chegar á situación. E, onde sufrimos unha dor mínima pero que perdura unha cantidade de tempo inmensa. Comparamos Y con Z, onde a molestia é só un pouco menor pero dura o triple. Polo mesmo motivo que B é peor que A, entendemos que Z é peor que Y. O problema xorde á hora de comparar A con Z, pois a maioría asume que A é peor que Z. Porén, por transitividade, a relación tería que ser que Z é peor que A.

Nas teorías do valor, definimos conmensurabilidade como a posibilidade de estimar conforme a unha mesma unidade de medida se a ocorrencia dun ou outro valor é máis ou menos valiosa que a ocorrencia de dito outro. Algunhas posturas axiolóxicas defenden que é posíbel realizar unha comparación entre os distintos valores de acordo a unha escala numérica. Son, polo tanto, valores conmensurábeis. Porén, outras posturas defenden que, aínda que comparábeis, resulta imposíbel asignar unha unidade de medida común a estes valores. Este sería un caso de inconmesurabilidade. O termo inconmensurabilidade designa a situación que se dá cando hai valores que non son conmensurábeis, isto é, non poden reducirse a unha escala de valoración cardinal común. Un exemplo de inconmesurabilidade sería o seguinte: ante a comparación entre a novena sinfonía de Beethoven y Los hermanos Karamazov de Dostoyevski, poderíamos encontrarnos con dificultades á hora de asignar un valor cardinal segundo unha unidade de medida en común e, aínda así, considerar que unha das dúas é máis valiosa que a outra, aínda que non saibamos calcular con precisión exacta en que medida isto é así.

No plano normativo, a conmensurabilidade resulta un feito bastante intuitivo. Neste sentido, poderiamos definir a conmensurabilidade como a posibilidade de estimar segundo unha mesma unidade de medida a primacía do seguimento dunha prescrición respecto a outra.

    Antes de explicar o que é unha descontinuidade cómpre facer referencia ás teorías deontolóxicas do limiar. Estas posicións aceptan que as  normas deontolóxicas sexan triunfos ata un certo punto pois permiten o seu incumprimento cando o contrario pode levar a catástrofes. No caso das descontinuidades, estamos ante unha especie de triunfo soamente parcial, que resulta válido soamente ata un certo punto.

Podemos facer unha distición entre dúas descontinuidades dependendo do campo ó que se apliquen:

  • Descontinuidade (teoría do valor): hai descontinuidade entre dous valores se un deles prevalece como un triunfo sobre o outro a partir ou antes dun certo limiar.
  • Descontinuidade (teoría normativa): hai descontinuidade entre dúas prescricións se unha delas prevalece como un triunfo sobre a outra a partir ou antes dun certo limiar.

    O caso do deontoloxismo do limiar poñería un límite “por riba” á aplicación do limiar, mais hai casos no que o limiar poñería un límite “por abaixo”. Por exemplo, supoñamos que aceptásemos a idea de que hai praceres superiores que son triunfos sobre outros que son inferiores. Segundo isto, gozar de cinco minutos do xogo do xadrez podería ter máis valor que gozar centos de anos de sexo. Sen embargo, se en vez de ser cinco minutos de xadrez fosen solo cinco segundos tal vez a conclusión sería distinta.  O  motivo sería que nese lapso de tempo tan breve non daría tempo aínda a un gozar pleno de pracer intelectual. Así a posición descontinua podería dicir que solo a partir de unha certa cantidade e intensidade os praceres superiores serían realmente superiores.