Ola, son unha alumna que está facendo 4º da ESO, e estou comezando a facer prácticas na Galipedia.

Tarefas realizadas editar



ZAYN MALIK

Zain Javadd Malik (12 de xaneiro de 1993, Bradford, Reino Unido), máis coñecido como Zayn, é un cantante e compositor británico, coñecido por ser anteriormente membro da “boy band” One Direction. Tras presentarse á audición de “The X Factor” e ser aceptado, a xuíza Nicole Scherzinger suxeriu que Zayn formase parte dun grupo chamado One Direction xunto con Harry Styles, Niall Horan, Liam Payne e Louis Tomlinson. A creación do grupo fíxose realidade e os cinco foron apadriñados por Simon Cowell. A agrupación chegou á final do programa e quedaron en terceiro lugar. Aínda que non gañaron, Cowell pagou un contrato para que asinasen co selo discográfico Syco.

Dende novo mostrou interese pola música. A súa nai explicou que pasaba moito tempo na súa computadora escoitando música e cantando só durante horas. Na súa carreira con One Direction, compuxo temas como “Taken”, “Everything About You”, “Same Mistakes”, “Last First Kiss” e “Summer Love”, que pertencen aos álbums “Up All Night” e “Take Me Home”. En 2012 foi nomeado a celebridade masculina máis buscada do ano.