Son alumna de 4ºESO do IES Breamo e estou facendo prácticas na Galipedia.


LOECHES

Loeches é un municipio e unha localidade española, ubicada na Comunidade de Madrid. Conta cunha poboación de 8525 habitantes (INE 2017) e pertence ao partido xudicial de Arganda del Rey. Atópase ao leste da provincia, entre Alcalá de Henares e Arganda del Rey, na subcomarca natural da Alcarria de Alcalá. O municipio limita con San Fernando de Henares ao norte, con Mejorada del Campo e Velilla de San Antonio ao oeste, ao sur con Campo Real e Arganda del Rey e ao leste con Torres de la Alameda e Pozuelo del Rey.

HISTORIA

Existen datos dela desta vila dende o século XII, e o seu nome é, segundo Madoz, de orixe vasca, debido aos efectos da repoboación con pastores vascóns durante a reconquista. O nome en éuscaro sería composto e viría das palabras vascas “lo” (durmir) e “etxe” (casa). Foi incorporado polo arcebispo Rodrigo Jiménez de Rada ao Alfoz Complutense e á súa vez á xurisdición señorial do Arcebispado de Toledo. Foi unha das vinte e cinco vilas que compoñían o devandito alfoz, polo que a súa lexislación dependía directamente do foro de Alcalá. Recibiu o título de vila en 1555, por parte de Carlos I. Felipe II vendeuna, xunto a outras vilas pertencentes ao Arcebispado de Toledo, para sufragar os gastos do Estado con bula do papa, e o comprador foi o xenovés Baltasar Catanno. Este á súa vez vendeu o señorío á familia Cárdenas-Avellaneda.