Usuaria:Moniquiña/Helvia Albina (nai de Séneca)

Infotaula de personaMoniquiña/Helvia Albina

Helvia Albina nada en Alba Urgabona, Arjona, c. 20 a.C. e falecida en Roma, foi unha matrona romana pertencente á ilustre familia dos Helvios.[1]Sabemos da súa vida por Consolación a Helvia, obra escrita por o seu fillo, o filósofo Lucio Anneo Séneca.

Traxectoria editar

Pertencía a unha familia rica e ilustre da Itálica (os Helvii) que se asentou no Val da Betica. O seu pai, Marco Helvio Novato, era maxistrado sacerdotal. O mesmo día do seu nacemento morreu a súa nai, máis o seu pai casar varias veces e foi a súa media irmá Marcia. Moi nova trasladouse a Córdoba.[2]

Dende pequena estivo destinada para o matrimonio e foi educada cunha formación cultural necesaria para tal fin. Aos catorce anos casou con Marco Anneo Séneca, coñecido como O Retórico de Córdoba ou O Vello.[1]O seu matrimonio celebrouse baixo a fórmula sine manu, pola que o pai mantiña a tutela da muller, quen decidía a persoa que sería titor no caso da morte do pai, dispuña dos seus bens e recibía a súa herdanza, además no caso de divorcio a dote non sería solo para o marido. Esta fórmula facía que a muller fose independente e capaz de xestionar o seu propio patrimonio.

O seu home, mandou que a educación dos primeiros fillos fose no eido das humanidades. Senón e Atalo foron os seus mestres de filosofía e tamén Helvia quixo aprender con eles. Comezou estudos mostrando gran capacidade, máis non tardou moito Marco Anneo Séneca en negarlle o acceso a cultura seguindo a tradición romana e prohibiulle estudar filosofía.[3]

Tivo tres fillos, Galión, Lucio Anneo Séneca e Marco Anneo Mela. Ao dar a luz ao seu terceiro fillo, acadou o dereito a estar libre de calquera tutela, conxugal ou paternal, grazas ao ius trium liberorum.[3]

Os tres fillos trasladáronse a Roma co seu pai para mellorar a súa formación e carreira política, mentras Helvia quedou na Bética, atendendo a casa e os negocios da familia, ainda que viaxaba de cando en vez a Urbe para visitalos.[4]

Cando quedou viúva volveu á casa do seu pai en Roma, onde o seu fillo Séneca levaba anos vivindo, sendo reclamado por Augusto.[3]

Coñecemos a vida de Helvia Albina grazas a obra do seu fillo Séneca, Consolación a Helvia, escrita no seu exilio en Córsega, arredor do ano 47 durante o reinado de Claudio. Dedicouno á súa nai e nela explica como ela sufrira toda a súa vida. A súa nai morrera cando ela naceu e foi criada por unha madrastra. Perdeu ao seu marido e ao seu tío máis querido nun mes. Tamén conta a súa dor pola morte dun dos seus netos ademais do exilio do seu fillo.[5] Séneca lamenta que as mulleres non puidesen acceder á cultura aínda que fosen intelixentes e sabias como a súa nai, e deste xeito dalle azos para que volva aos estudos:[3]

"(...) alentó tan poco mi padre tu afición a los estudios: sin embargo, merced a un genio penetrante, conseguiste más de lo que parecían permitirte las circunstancias, poniendo en tu alma los cimientos de todas las ciencias. Vuelve a ellas ahora, y te darán seguridad, consuelo y alegría (...)
"(...) meu pai animou tan pouco o teu amor polos estudos: porén, grazas a un xenio penetrante, conseguiches máis do que as circunstancias parecían permitir, poñendo na túa alma os alicerces de todas as ciencias. Volve a eles agora, e daránche seguridade, confort e alegría(...)"

Cando quedou viúva, volveu estudar, e encargouse da educación dos seus netos, Novatila, fillo de Novato, e do futuro poeta Marco Anneo Lucano, fillo de Mela e Acilia.[3]

A gran administración que fixo Helvia facendo que os séus fillos máis vellos tiveran unah gran influencia na vida polítca, con honestidade, foi recoñecida tamén por Séneca na súa Consolación á Helvia: " tí mostrácheste na administración do noso patrimonio tan activa coma se fose teu, coidadosa comoa se fose alleo; nada recibiches de todos os nosas honras más que a ledicia e o gasto; o teu cariño non pensou xamás no interese".

Descoñécese a data da súa morte.

Recoñecementos editar

  • En Córdoba unha rúa leva o seu nome. [2]
  • En Arjona levantouse un monumento na súa honra en 2007. [6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Córdoba, El Día de (2017-01-22). "Una erudita de la filosofía y madre de Séneca" (en castelán). Consultado o 2022-11-09. 
  2. 2,0 2,1 "CALLE HELVIA ALBINA | La mujer en el callejero de Córdoba". Consultado o 2022-11-09. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Nuevatribuna. "Helvia Albina, la matrona hispanorromana" (en castelán). Consultado o 2022-11-09. 
  4. Pavón, Pilar (2022). 250 Mujeres de la Antigua Roma. Universidad de Sevilla. 
  5. Smith, William (2005). A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. By various writers. Ed. by William Smith. Illustrated by numerous engravings on wood. Consultado o 2022-11-09. 
  6. DESARROLLO, CAPSULE. "Monumento a Helvia (Arjona) | APPlicaJaén" (en castelán). Consultado o 2022-11-09. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar