Us and Them é o quinto álbum de estudio da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado o 17 de maio de 1999 en Europa e o 8 de xuño en Norteamérica a través do selo Earache Records. Ao igual que o seu álbum de remesturas de 1997 Love and Hate in Dub, Us and Them está influenciado por breakbeats, drum and bass, oldschool jungle, trip hop e hip hop.

Us and Them
Álbum de Godflesh
Publicado17 de maio de 1999
Gravación1997 - 1999
Duración64:05
Xénero(s)metal industrial, hip hop industrial
Selo(s)Earache Records
Producido porJ. K. Broadrick, G. C. Green
Cronoloxía
Love and Hate in Dub
(1997)
Us and Them In All Languages
(2001)

Pouco despois do lanzamento de Us and Them, o líder de Godflesh Justin Broadrick admitiu que "odiaba" o álbum xa que era a expresión dunha "crise de identidade".[1] Anos despois revisou os seus pensamentos e dixo que o seu odio por Us and Them era "esaxerado", e que o seu principal problema co álbum era cos "momentos dignos de vergoña".[2]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Justin Broadrick e G. C. Green

N.º Título Duración
1. "I, Me, Mine"   5:20
2. "Us and Them"   5:56
3. "Endgames"   4:56
4. "Witchhunt"   5:11
5. "Whose Truth Is Your Truth"   5:03
6. "Defiled"   5:29
7. "Bittersweet"   4:34
8. "Nail"   4:09
9. "Descent"   5:38
10. "Control Freak"   5:37
11. "The Internal"   6:33
12. "Live to Lose"   5:39
64:05

Notas editar

  1. "CoC : Godflesh : Interview : 1/14/2002". chroniclesofchaos.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 2020-07-22. 
  2. "Voidhead: Justin Broadrick on the End of Godflesh". Consequence of Sound (en inglés). Consultado o 2020-07-22.