Upolu
Upolu é unha illa de Samoa, formada por un gran volcán que se levanta desde o fondo do mar no océano Pacífico occidental. A principos do s. XIX esta illa foi tamén coñecida como Ojalava. A illa ten 75 km. de longo, e 1.125 km² de superficie e é a segunda illa máis grande en área xeográfica así como a máis poboada das Illas Samoanas con 143.500 habitantes. Upolu sitúase ao sueste da "grande illa", Savai'i. A capital, Apia, está no centro da costa norte co aeroporto internacional de Faleolo no extremo occidental da illa. A illa non tivo ningunha erupción rexistrada historicamente, aínda que tres fluxos de lava remóntanse só duns poucos centos a algúns miles de anos.
Upolu | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Samoa |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 13°55′S 171°45′O / -13.917, -171.750Coordenadas: 13°55′S 171°45′O / -13.917, -171.750 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 1.125 km² |
Longura máxima | 75 km. |
Largura máxima | 24 km. |
Punto máis alto | 1.113 m. Monte Fito |
Demografía | |
Capital | Apia (pob. 58.800) |
Poboación | 143.418 (2011) |
Densidade | 127 hab./km² |
Upolu é un personaxe presente na mitoloxía polinésica especialmente na mitoloxía Samoana. Foi a primeira muller en pisar a illa do seu mesmo nome.
En 1841, a illa foi o sitio do Bombardeo de Upolu, un incidente durante a Expedición de Exploración dos Estados Unidos.
A finais do século XIX, o escritor escocés Robert Louis Stevenson posuía unha propiedade de 160 hectáreas na vila de Vailima, e morreu alí en 1894. Eestá enterrado na cima do Monte Vaea sobre a súa antiga casa. A herdade de Vailima foi comprada en 1900 como a residencia oficial para o gobernador de Alemaña e, despois da confiscación polo Reino Unido, serviu sucesivamente como residencia para o administrador de Nova Zelandia e para o xefe do Estado de Samoa logo da independencia.
Unha especie extremadamente pequena de araña vive en Upolu. De acordo co Libro Guinness dos Récords, a araña é do tamaño dun punt nunha páxina impresa.[1]
2009 tsunami de samoa
editarA illa de Upolu viuse afectada por un tsunami ás 6:48:11 hora local o 29 de setembro de 2009 (17:48:11 UTC).[2] Vinte aldeas no lado sur de Upolu foron destruídas, incluíndo Lepa, o fogar do primeiro ministro de Samoa.[3] Tuilaepa Lupesoliai Sailele Malielegaoi. En Lepa, só a igrexa e o sinal de benvida da aldea permaneceron de pé despois do desastre.[4][5]
Galería
editar-
Danos do Ciclón Evan en 2012
-
USNS Richard E. Byrd atracado en Upolu
-
A costa sur-oriental de Upolu, pode verse a illa Nu'utele, na distanciae.
Notas
editar- ↑ "Smallest spider". Guiness World Records. Consultado o 6 de xullo de 2017.
- ↑ Magnitude 8.0 - SAMOA ISLANDS REGION Arquivado 02 de outubro de 2009 en Wayback Machine. Report on U.S. Geological Service's website. Retrieved online d.d. 29 de setembro de 2009.
- ↑ Baris Atayman (29 de setembro de 2009). "Tsunami smashes Pacific islands, over 100 feared dead". www.windsorstar.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2009. Consultado o 30 de setembro de 2009.
- ↑ McClean, Tamara (2 de outubro de 2009). "Searching ruins for reason to live after the tsunami". The Daily Telegraph (Australia). Consultado o 5 de outubro de 2009.
- ↑ NZHERALD STAFF; NZPA, AP (30 de setembro de 2009). "At least seven dead after quake, tsunami hit Samoa". New Zealand Herald. Consultado o 19 de agosto de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Upolu |