Upin & Ipin é unha serie de animación malaisia para televisión producida por Les' Copaque Production que segue a vida e aventuras de dous irnáns xemelgos que viven nunha aldea do país.

As personaxes de Upin e Ipin como embaixadores de Malaisa nun evento de UNICEF en 2012

Historia editar

En orixe a serie era un proxecto paralelo do filme de animación en 3D Geng: Pengembaraan Bermula. Upin & Ipin comezou a emitirse en TV9 o 13 de setembro de 2007 como un especial de seis episodios emitido durante o Ramadán para salientar a significancia desa festa islámica entre os máis novos. Cada episodio duraba cinco minutos. Por mor do éxito en 2008 realizouse unha tempada regular, en 2015 chegou á novena tempada, con episodios que desde a terceira duran sete minutos. O especial do Ramadán de 2008 tivo unha audiencia de millón e medio de espectadores en TV9,[1], converténdose na segunda serie de animación máis vista, despois de Doraemon .[2] A popularidade de Upin & Ipin pode ser atribuída ao éxito comercial do filme Geng, que protagonizaban tamén dos dous xemelgos. A terceira tempada que rematou a finais de 2009 foi o segundo programa máis visto de TV9, por detrás da estrea en televisión de Geng.[3]

En IndonesiaUpin & Ipin a MNCTV emitiu a primeira tempada en 2007, con índices de audiencia de 10.5 en 2009[4] En Singapur emite a serie MediaCorp Suria, en Filipinas GMA Network e tamén por satélite e cable Disney Channel Asia.

Notas editar

  1. Sy Mussaddad Mahdi (8 de febreiro de 2009). "Apabila Upin dan Ipin masuk pawagam". Utusan Malaysia. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2010. Consultado o 16 de marzo de 2010. 
  2. Lee Wei Lian (15 de novembro de 2009). "Jobless four years ago, three young filmmakers shake up box office". The Malaysian Insider. [Ligazón morta]
  3. SYABAS LES' COPAQUE ([1].jpg poster), LCP Blog!, 24 de decembro de 2009.
  4. Rating Upin & Ipin di Indonesia, LCP Blog!, 2 de setembro de 2009.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar