Unmanned Space Experiment Recovery System
USERS, acrónimo de Unmanned Space Experiment Recovery System, foi un satélite artificial xaponés lanzado nun foguete H-IIA desde o Centro de Lanzamento de Tanegashima o 10 de setembro de 2002.[2][3][5][6]
Unmanned Space Experiment Recovery System / USERS | |
---|---|
Cápsula recuperada de USERS | |
Tipo | Tecnolóxico |
Organización | USEF |
Data de lanzamento | 10 de setembro de 2002, 8:20 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | H-IIA[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima[3][6] |
Obxectivo da misión | Experimentos en microgravedade.[3][6] |
Regreso | 15 de xuño de 2007[1] |
NSSDC ID | 2002-042A |
Masa | 1500 kg[3] |
Potencia | 700 W[3] |
Características editar
USERS constaba dun módulo de servizo (SEM) e un módulo de retorno (REM) que contiña os experimentos para microgravedade que tiñan que volver á Terra. O SEM proporcionaba alimentación eléctrica (ata 700 W) e comunicacións ao REM, que á súa vez constaba dun vehículo de reentrada (REV), cos experimentos, e un módulo de propulsión (PM). USERS permaneceu en órbita 8,5 meses ata a separación e reentrada do REM e a recuperación de REV en terra en maio de 2003. O SEM permaneceu en órbita ata o 15 de xuño de 2007.[3][5][6]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "USERS (SERVICE MODULE)" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 14 March 2003 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (03-83546(E)). 29 de abril de 2003: 5. Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "USERS" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "USERS" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "USERS" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "USERS" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2018.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Unmanned Space Experiment Recovery System |