Unión Democrática de Defensa dos Intereses Africanos

A Unión Democrática de Defensa dos Intereses Africanos (en francés Union Démocratique de Défense des Intérêts Africains, UDDIA) foi un partido da congolés fundado por Fulbert Youlou en 1956 de ideoloxía anticomunista e cristiá-liberal.

TraxectoriaEditar

A nova formación tivo un importante éxito nas eleccións municipais de novembro de 1956, ao se facer coa alcaldía de Brazzaville para o seu líder Youlou. A pesar do éxito, en 1957 o vicepresidente do partido Simon Kikounga N’Got marchou e fundou o seu propio partido que apoiou a coalición dos principais rivais da UDDIA, o Partido Progresista Congolés e o Movemento Socialista Africano nas eleccións territoriais de 1957. Así a coalición PPC-MSA logrou 23 deputados e o partido de Youlou 22 e, tras eses resultados tan axustados, formouse un goberno de coalición entra a UDDIA e o MSA con cinco ministerios para cada forza con Jacques Opangault líder do MSA como cabeza do goberno, pero as tensións entre os dous partidos seguen no seo do goberno.

En 1958 a UDDIA entra no Reagrupamento Democrático Africano en substitución do Partido Progresista Congolés. Logo do referendum da comunidade franco-africana do 28 de setembro de 1958, os territorios africanos aumentan a súa autonomía e a Asemblea Congolesa reúnese en novembro para dotarse de institucións, mais a falta de acordo entre socialistas e youlouistas fai imposible avanzar. En protesta, o MSA abandona o parlamento co que a UDDIA queda con maioría e aproveita para aprobar novas leis constitucionais e substituír a Opangault cun goberno provisiorio presidido por Youlou que non acepta o MSA. Logo de serios enfrontamentos intervén o exército francés.

Nas eleccións de 1950 a UDDIA co 58% dos votos logra 51 escanos por 10 do MSA, a pesar dos enfrontamentos entre as dúas forzas, Youlou forma en xullo un goberno no que se integran membros do MSA e finalmente entra como vicepresidente e ministro de Estado Opangault e é o UDDIA quen lidera ao país ao acceder á independencia o 15 de agosto de 1960. Comeza a se desenvolver un culto á personalidade en torno ao líder do UDDIA intentando implantar no país un réxime de partido único que fracasou ao se aliar o movemento sindical co exército no coñecido como levantamento dos tres gloriosos en agosto de 1963 que levou á dimisión de Youlou e ao desmantelamento da UDDIA.