Ulrich Engel, nado en Stuttgart o 20 de novembro 1928 e finado en Heppenheim o 22 de maio 2020, foi un lingüista alemán, profesor de Xermanística na Universidade de Bonn.

Ulrich Engel
Nacemento20 de novembro de 1928
Lugar de nacementoStuttgart e Alemaña
Falecemento22 de maio de 2020
Lugar de falecementoHeppenheim (Bergstraße)
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade de Tubinga
Ocupaciónfilólogo, xermanista e profesor universitario
editar datos en Wikidata ]
A miúdo pregúntanme veciños, amigos, colegas, mesmo compañeiros, a que me dedico realmente. Entón adoito dicir que son lingüista. Hai tres reaccións típicas a esta resposta: un grupo perde abruptamente o interese e dedícase a outras cousas, simplemente non se lles ocorre de que falar comigo. O segundo simula comprender rapidamente e pregúntame que penso da reforma ortográfica, seguindo así o mal costume xeneralizado de reducir a lingua á ortografía. O terceiro, o máis pequeno, porén, queda calado ao principio, obviamente pensando, e logo pregúntame para que serve esta ciencia. Esta reacción é bastante comprensible: sei que cada bombeiro o ten máis doado ca min, cada taxista, cada panadeiro, cando lle preguntan polo sentido de súa profesión. Gustaríame dar resposta a todo, porque estudar a única capacidade que nos distingue de todos os demais seres vivos paréceme fascinante.
Ulrich Engel[1]

Traxectoria editar

A súa carreira empezou en 1995 como profesor de secundaria. Ese mesmo ano doutorouse na Universidade de Tubinga cunha tese sobre o dialecto e a lingua coloquial en Württemberg (Mundart und Umgangssprache in Württemberg).[2].

Durante doce anos foi membro do consello de dirección do Leibniz Institut für Deutsche Sprache (IDS, Mannheim) xunto a Paul Grebe. De 1970 a 1977 foi director do Instituto Leibniz da Lingua Alemá.

Ulrich Engel desenvolveu un traballo pioneiro no campo da gramática de dependencias e de valencias, así como no da lexicografía valencial monolingüe e bilingüe. A súa teoría describe a atracción entre as palabras en función de parámetros xerárquicos. Foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universitatea din Bucuresti, a Uniwersytet Wroclawski e a Uniwersytet Rzeszowski, entre outras. Recibiu numerosos premios e foron publicados numerosos estudos na súa honra.

Obras editar

A listaxe de publicacións de Ulrich Engel inclúe obras de renome mundial como Deutsche Grammatik (11988, 31996; Heidelberg) -coñecida entre os colegas como "a biblia vermella"-, Kurze deutsche Grammatik (2002; Múnich) e Deutsche Grammatik - Neubearbeitung (2004)-, Syntax der deutschen Gegenwartssprache (1994; 2009 Berlín) -coñecido no círculo da valencia como "o anxo azul"-. Entre as gramáticas contrastivas que dirixiu ou nas que colaborou como autor atopanse a Kontrastive Grammatik Deutsch-Serbokoratische (1986), Kontrastive Grammatik Deutsch-Rumänisch (1993), Kommunikative Grammatik. Deutsch als Fremdsprache (1993), Kontrastive Grammatik Deutsch-Polnisch (1999), Kommunikative Grammatik Deutsch-Polnisch (4 volumes).

A elaboración de dicionarios de valencias é tamén un tema central na investigación de Ulrich Engel: é autor do Valenzlexikon deutsch-rumänisch (1983), Valenzlexikon deutsch-bosnisch/serbisch/kroatisch (2005), Dictionar de verbe germane (2012), Wörterbuch zur Verbvalenz: Deutsch-Bosnisch/Kroatisch/Serbisch (2009), Valenzlexikon Deutsch-Spanisch (online). Todas estas obras caracterízanse pola precisión de Engel á hora de describir fenómenos lingüísticos, a miúdo moi complicados, e de analizar a linguaxe de forma meticulosa e coidadosa. Con todo, a súa traxectoria académica non se esgota nisto. Ademais, escribiu innumerables ensaios, xestionou proxectos de investigación en diferentes países e para diferentes linguas, dirixiu numerosas teses de doutoramento, entre outros.

Vida persoal editar

Estaba casado e tiña dous fillos.

Obra editar

  • 1969: Neue Beiträge zur deutschen Grammatik
  • 1972: Gegenwartssprache und Gesellschaft
  • 1976: Kleines Valenzlexikon deutscher Verben
  • 1978: Grammatik und Deutschunterricht
  • 1983: Verbalphrase und Verbvalenz
  • 1988: Deutsche Grammatik. 2., verbesserte Auflage. Julius Groos Verlag Heidelberg.
  • 1993: Kommunikative Grammatik Deutsch als Fremdsprache
  • 2002: Kurze Grammatik der deutschen Sprache
  • 2006: Gaudium in scientia linguarum
  • 2017: Neue Wege zur Verbvalenz. Tomo I: Theoretische und methodologische Grundlagen, con Domínguez Vázquez, María José , Paredes Suárez, Gemma. Frankfurt: Peter Lang.
  • 2017: Neue Wege zur Verbvalenz. Tomo II: Deutsch-spanisches Valenzlexikon, con Domínguez Vázquez, María José, Paredes Suárez, Gemma. Frankfurt: Peter Lang.

Estudos de homenaxe editar

  • Pavica Mrazovic, Wolfgang Teubert (eds): Valenzen im Kontrast. Ulrich Engel zum 60. Geburtstag. Groos, Heidelberg 1988. ISBN 978-3-87276-612-0.
  • Ludwig M. Eichinger, Jacqueline Kubczak, Franz Josef Berens (eds): Dependenz, Valenz und mehr. Beiträge zum 80. Geburtstag von Ulrich Engel. Groos, Tübingen 2011. ISBN 978-3-87276-890-2.
  • Katny, Andrezj (ed): Valenz und Dependenz: Theorie und Praxis. Festschrift für Ulrich Engel zum 90. Geburtstag, Studia Germanica Gedanensia 39/2018.

Notas editar

  1. Ulrich Engel: Discurso de investidura como Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, 8 de maio de 2002, p. 11., tradución da cita de María José Domínguez
  2. Wilfried Kürschner: Linguisten-Handbuch. Band 1, Gunter Narr Verlag, Tübingen 1997, ISBN 3-8233-5001-3, Seite 203.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar