Ua Pou é unha illa das Marquesas, na Polinesia francesa. Está situada no grupo norte do arquipélago, a 35 km ao sur de Nuku Hiva e 85 km ao noroeste de Hiva Oa.

Ua Pou
Localización
Localización
Situación
PaísFrancia
colectividade de ultramarPolinesia Francesa
ArquipélagoIllas Marquesas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas9°25′S 140°05′O / -9.417, -140.083
Xeografía
Superficie105´3 km²
Longura máxima28 km.
Largura máxima25 km.
Punto máis alto1.230 m. Pouakei
Demografía
CapitalHakahau
Poboación2.173 (2012)
Densidade20´5 hab./km²

A illa ten forma piramidal e no centro destacan uns alicerces basálticos en forma de pan de azucre: Matahenua (1028 m), Pouakei (1023 m) e Oave (1230 m). A superficie total é de 105,3 km². Con 2.173 habitantes no censo do 2012 resulta a illa máis densamente poboada do arquipélago. A vila principal é Hakahau situada ao noroeste da illa co principal porto e próxima ao aeroporto. A poboación é coñecida polas calidades artísticas innatas dos artesáns escultores e tatuadores ademais dos cantantes e bailaríns tradicionais. Bianualmente celébrase o festival de Matava´a que constitúe un centro importante da cultura marquesana.

Historia editar

Ua Pou é a única illa importante que foi unificada baixo un só monarca antes da chegada dos exploradores europeos.

Antes da unificación da illa, segundo informes de 1585, hai evidencias de que as tribos de Ua Pou participaron ás veces nas guerras tribais de Nuku Hiva unidos coas tribos de Te I'i fronte aos Tai Pi. En 1791, o estadounidense Joseph Ingraham, foi o primeiro en anotar a súa posición chamándoa Adams en honra ao por entón vicepresidente John Adams. Dous meses máis tarde desembarcou o francés Etienne Marchand deixando o seu propio nome. Tamén se coñeceu como Trevenen Island. O nome Ua Pou significa «dous alicerces» e reflicte perfectamente a súa orografía. Tamén se escribiu como Ua Pu, Hua Pu e Ropo.

Galería editar