Txikipedia

enciclopedia dixital para alumnado de 8 a 13 anos ensamblado coa Wikipedia en éuscaro

Txikipedia é unha enciclopedia para nenos e nenas de 8 a 13 anos, incrustada dentro da Wikipedia en éuscaro, con vocabulario e sintaxe axeitados para nenos e nenas desa franxa de idade. Xa que logo, pretende estar escrito en éuscaro claro e sinxelo, adaptado ás necesidades escolares dos nenos, pero con grande énfase na comprensión.

Txikipedia
Logo
Tipoaplicación móbil e enciclopedia en liña
Data de fundaciónabril de 2018
Na rede
https://eu.wikipedia.org/wiki/Txikipedia:Azala
editar datos en Wikidata ]

Na orixe de Txikipedia está a enciclopedia wiki en liña Vikidia, que comezou en éuscaro en 2015, e que tamén funciona noutras linguas, cos obxectivos aquí mencionados. [1]

Os propósitos da Txikipedia editar

Txikipedia é para nenos e nenas de 8 a 13 anos, pensada para as necesidades da escola, pero non só. De feito, o obxectivo é ser unha especie de Wikipedia escrita en éuscaro sinxelo, e tamén pode ser útil para os adultos que están a aprender éuscaro. O obxectivo é ter unha versión abreviada ou máis sinxela da Wikipedia, porque ás veces os artigos da Wikipedia son longos, complexos e difíciles.

Autores da Txikipedia editar

Calquera persoa pode participar no proxecto wiki de Txikipedia escribindo, modificando ou completando artigos, engadindo ou corrixindo información. É necesario abrir unha conta para iso. Os dereitos de autoría sempre deben ser respectados.

Por outra banda, a intención é que os nenos e nenas vascofalantes de entre 8 e 13 anos tamén participen na elaboración de Txikipedia, que escriban, compoñan ou editen os artigos segundo os seus propios intereses, coa axuda do profesorado, de xeito que poidan facer a súa contribución en materias que poidan ser útiles para o colexio.

Notas editar

  1. "Wikimedia - Junior Edition!". Head Stuff Podcasts. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2022. Consultado o 12 de novembro de 2022.