Two Hands
filme de 1999 dirixido por Gregor Jordan
Two Hands é un filme australiano dirixido e escrito por Gregor Jordan que se estreou en 1999.
Two Hands | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Two Hands |
Director | Gregor Jordan |
Produtor | Marian Macgowan |
Guión | Gregor Jordan |
Intérpretes | Heath Ledger Bryan Brown Rose Byrne David Field |
Música | Cezary Skubiszewski |
Fotografía | Malcolm McCulloch |
Montaxe | Lee Smith |
Estrea | 1999 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Australia |
Xénero | Drama, Comedia |
Na rede | |
Sinopse
editarJimmy (Heath Ledger) é un rapaz que traballa de porteiro dun local de strip-tease. Verá a súa oportunidade de gañar cartos cando o traficante de drogas da localidade, Pando (Bryan Brown), o contrate como correo. Porén, todo se complica cando lle rouban un dos correos, que contiña dez mil dólares. Para recuperar o diñeiro verase na obriga de participar nun atraco a un banco. Paso a paso e sen poder prevelo, Jimmy verase cada vez máis involucrado no mundo do crime, contra o cal só atopará axuda de Alex (Rose Byrne), unha fermosa moza de campo da que se namora.
Personaxes
editar- Heath Ledger como Jimmy
- Bryan Brown como Pando
- Rose Byrne como Alex
- Steven Vidler como Michael
- David Field como Acko
- Tom Long como Wally
- Dale Kalnins como Kiwi Bob
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)